“O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional” agocha xoias do noso patrimonio etnográfico no Pazo da Cultura

Información
13 Mayo 2016 5465 votos - Registrate para votar
O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional

Un momento da inauguración da mostra, situada no 3º andar do Pazo da Cultura

O 3º andar do Pazo da Cultura acolle até o domingo 5 de xuño verdadeiras xoias do traxe tradicional galego nunha mostra monográfica. De Malpica ou Coristanco, ata Vilalba, Melide ou Muros: un total de 20 pezas antigas ou reproduccións fidedignas conforman a exposición “O traxe do país. Poñendo en valor o noso traxe tradicional”. As roupas forman parte da colección privada de Alberto Golpe Beceiro con algunhas pezas da colección de Antón Méndez Gándar, incluíndo complementos do vestir e ourivería. Organizada pola Asociación Cultural Argazo coa colaboración do Concello, a exposición pretende introducir ao público nunha primeira aproximación ao redescubrimento do traxe tradicional galego baseada no estudio de pezas antigas.

A mostra, centrada nos séculos XVIII e XIX, inclúe moitas pezas orixinais e tamén moitas reproducións feitas a través de cadros da época

Así o explicaba o propio ferrolán Alberto Golpe durante o acto de inauguración, no que estivo acompañado por Ana Nogareda, da Asociación Cultural Argazo, ademais de polo Alcalde, Evencio Ferrero, e polo Concelleiro de Cultura, Marcos Trigo. Golpe é un auténtico experto do traxe tradicional, dedicado a construír unha colección con moitas dificultades, con pezas conseguidas de casualidade no rastro de Madrid; con outras rescatadas dalgunhas casas nas que os donos ían desfacelas ou tiralas; e con outras moitas reproducidas a través de cadros de autores como Fernando Álvarez de Sotomayor. Golpe defende a importancia de rescatar estas pezas e de dar a coñecer a enorme riqueza de formas, cores e panos do traxe galego, unificado hoxe en día en parte pola aparición de novos tecidos de confección industrial. De feito, Golpe precisa que o "traxe antigo" é aquel anterior ao 1900. A mostra céntrase naquelas roupas dos séculos XVIII e XIX.

Un percorrido por toda Galicia

A mostra pode visitarse até o 5 de xuño

A mostra pode visitarse até o 5 de xuño

A colección permite facer un percorrido por Galicia a través da indumentaria tradicional, observando tecidos que na actualidade xa non se fabrican, pezas de ourivería que poñen de manifesto o bo facer dos ourives galegos, mantóns e panos de cabeza que xa non se atopan, etc. A exposición pon en valor a nosa indumentaria, tratando o traxe tradicional como obxecto histórico que debe ser estudado e preservado como parte fundamental da nosa cultura. De feito, o propio Golpe realizou un labor de investigación que se plasma nun breve vídeo de cinco minutos que se pode ver na propia mostra, e no que se amosan algúns dos segredos que non desvelan os manequíns, como os refaixos ou as enaguas. As mulleres podían chegar a levar ata sete saias, tratando de manter unha estética na que querían semellar moi delgadas de cintura para arriba e deixar todo o volume para a parte de abaixo. Ademais, o mesmo Golpe comentaba que, naquela época, as mulleres querían ter sempre a pel branca, por iso os traxes levan pezas que cubren o corpo por completo, mesmo no verán.
Enmarcada na programación das Letras Galegas 2016, a exposición pode visitarse até o 5 de xuño de luns a domingo de 17.30 a 20.30 horas no 3º andar do Pazo da Cultura.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+