Información
Galicia

O goberno de Feijóo non quere que existan agricultores e gandeiros neste país e está disposto a atacalos por todos os frontes posibles e con todas as armas o seu alcance

Información
07 Abril 2016 3647 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os socialistas galegos aseguraron hoxe no Parlamento que “a nova Lei do Solo de Galicia, de non modificarse urxentemente, pode ser a puntilla que remate con miles de explotacións agrogandeiras”.

O portavoz de Medio Rural do PSdeG, Pablo García, demandou en comisión a “modificación polo Goberno galego da disposición transitoria cuarta da Lei do solo de Galicia, coa incorporación do solo de núcleo rural”.

Esta modificación ven a sumarse á enorme crise que padecen os nosos sectores gandeiros de prezos, pero o goberno galego non só non ofrece solucións, senón que polo contrario en cada un dos ámbitos que intervén o fai para afogar e condenar ás explotacións”, manifestou García. A iniciativa socialista foi rexeitada polo PP.

Primeiro foi o catastrazo que se está a implantar economicamente, despois a crise de prezos, e agora chega a puntilla urbanística deixando na ilegalidade a aquelas explotacións que están dentro dos núcleos rurais, dificultando a aquelas que están construídas en solo rústico e facendo case imposible que se poida construír algunha nova”, afirmou.

Obviamente, o goberno de Feijóo non quere que existan agricultores e gandeiros neste país e está disposto a atacalos por todos os frontes posibles e con todas as armas o seu alcance”, engadiu.

Pablo García insta a que se modifique a citada disposición transitoria cuarta da nova lei e que volva á orixe da redacción da disposición transitoria decimoprimeira da lei 9/2002, que permitía “seguir mantendo a actividade as explotacións existentes tal como o viñan facendo, así como realizar as obras de rehabilitación, conservación, mellora e incluso ampliación ata un 50%”.

Na recentemente aprobada lei 2/2016 exclúese na disposición transitoria cuarta as construcións instaladas en núcleo rural, que neste país son miles e que polo tanto quedan sen a protección e o amparo de dita disposición”, dixo o deputado socialista, que considera que a Xunta trata “de querer converter o que sempre foron as aldeas en meros lugares de residencia de fin de semana, expulsando a aqueles que sempre estiveron alí e que sustentan a actividade e a poboación”.

Contra esta redacción da Lei se manifestaba claramente o CES no seu ditame, sen embargo o goberno do PP fixo caso omiso. O informe desde organismo recollía que “a aplicación dos termos da anterior disposición foi positiva e pacífica”.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+