Fronteiras de enerxía animal, seleccionado no Festival Internacional de Documental Etnográfico de Espiello

Información
27 Febrero 2018 2155 votos - Registrate para votar

fronteiras de enerxia animal O documental Fronteiras de enerxía animal, dos directores ourensáns Plácido Romero e Aser Álvarez foi seleccionado para participar no "Festival Internacional de Documental Etnográfico de Espiello", un evento dos máis prestixiosos do país neste eido e que se leva a cabo no Pirineo Aragonés.

 

Fronteiras de enerxía animal, unha curtametraxe documental de Arraianos Produccións, está centrado nas diversas variantes de enerxía animal, que foron decisivas para a supervivencia dos habitantes da Raia Seca do Laboreiro, na fronteira galaico portuguesa. A súa integración en orixinais e particulares formas de ocupar un territorio, por veces hostil, por outras amable e aventureiro, non terían sido posibles sen a valiosísima axuda dos animais. Na actualidade, a nova realidade está facendo xurdir novos rumbos neste eido, sen deixar de inspirarse nas tradicións; incorporando novas aplicacións, ferramentas e comportamentos éticos que dignifican, humanizan e espiritualizan as súas funcións, para que esas terras sigan producindo situacións e historias do mellor realismo máxico.

Este documental, que clausurou a pasada edición do Festival Internacional de Cine Rural de Galicia "Carlos Velo" xa foi premiado en Los Angeles Documentary Film Festival na categoría de Mellor Documental de Natureza ou no Festival Internacional de Cine y Biodiversidad do CSIC ou no Festival de Cine de Naturaleza Valle de la Fuenfría (Madrid). Tamén estivo nas seccións oficiais de Sembrando cine/Festival de cine medioambiental (Lima) ou no Zagreb Green Film Fest, entre outros moitos.?

Este traballo, filmado no Castro Laboreiro, na fronteira da Ameixoeira e na Bola,?foi seleccionado para Espiello, que neste 2018 acada a súa 16 edición, de entre máis de 300 obras presentadas, que aspiraban a formar parte das finalistas que proveñen de España, de Francia, Portugal, Bélgica, Italia, Ecuador e Rusia. Os documentais finalistas abordan temas de actualidade tan variados como a ecoloxía, refuxiados, dereitos humanos, agricultura... e serán proxectados en Boltaña (Huesca), do 6 ao 14 de abril.

https://vimeo.com/212776023

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+