Información
Galicia

O Colexio de Xornalistas, preocupado polo secuestro de 'Fariña', reclama respecto para a liberdade de información

Información
21 Febrero 2018 2081 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa preocupación polo secuestro do libro Fariña, do xornalista Nacho Carretero e reclama que se respecte a liberdade de información.

En xaneiro do ano pasado, o ex rexedor do Grove Alfredo Bea Gondar denunciou ao xornalista e escritor galego Nacho Carretero por un suposto delito de "inxurias e calumnias". Carretero relacionábao en dúas pasaxes do seu libro Fariña coa comisión de delitos relacionados co narcotráfico galego, unha acusación pola que fora condenado pola Audiencia Nacional no 2005 pero máis tarde absolto polo Supremo, ao invalidarse a declaración dun arrepentido. A consecuencia da denuncia de Bea Gondar, onte, a xuíza Alejandra Pontana ordenaba o secuestro cautelar da publicación e a retirada do libro, do que a editorial Libros del KO acababa de distribuír 10.000 exemplares da súa décima edición. 

 

Independentemente do que poidan decidir os tribunais sobre a acusación de inxurias e calumnias, o Colexio de Xornalistas quere expresar a súa extrema preocupación polo secuestro do libro, unha decisión completamente desproporcionada que pon en perigo a liberdade de información. Se a investigación xornalística de Carretero é extensa e rigorosa, non se entende que se retire toda a publicación por unha única sentenza, máxime cando Bea Gondar é apenas citado dúas veces nun libro de case 400 páxinas. Por outra banda, resulta evidente que, no contexto actual a medida cautelar tampouco ten efectividade para impedir a difusión do contido denunciado, e onte mesmo Fariña situábase como o libro máis vendido en plataformas de venda por internet. 

Neste sentido, a única consecuencia efectiva do secuestro ordeado pola xuíza é a de pór trabas á libre difusión da información recompilada con rigor no libro. O Colexio de Xornalistas quere, pois, expresar a súa solidarizade con Nacho Carretero e a súa fonda preocupación por esta medida cautelar, reclamando ao mesmo tempo que se respecte escrupulosamente a liberdade de información. 

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

 Consta na Wikipedia sobre Alfredo Bea Gondar
Foi un dos homes fortes de UCD na provincia de Pontevedra[1]. Nas municipais de 1983 foi elixido alcalde do Grove por Convergencia de Independientes de Galicia, pero pasouse pouco despois con todos os concelleiros a AP. Volveu ser elixido alcalde do Grove en 1991 como cabeza de lista da Agrupación Vecinal Independiente (AVI), pero non chegou a tomar posesión[2], pois foi destituído o 20 de xuño de 1991 logo de ser encarcerado pola súa presunta relación cun alixo de cocaína[3]. Foi condenado por un delito de branqueo de diñeiro procedente do narcotráfico en 2005.
 
  1. ? Entrevista a Alfredo Bea Gondar en Faro de Vigo, 1 de febreiro de 1979. Na web da Asociación pola Memoria Histórica do Grove.
  2. Saltar a ? "La Audiencia Nacional deberá explicar si Bea Gondar pidió permiso para salir de la cárcel", artigo de Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
  3. Saltar a ? "Destituido como alcalde de O Grove Bea Gondar, acusado de narcotráfico", artigo de Xosé Hermida en El País, 20 de xuño de 1991 (en castelán).
 
Una juez de Collado Villalba (Madrid) ha acordado el secuestro cautelar del libro Faria, obra en la que el periodista Nacho Carretero profundiza en la historia del narcotrfico gallego. Fuente; http://espana.pitirre.info/latest-news/secuestro-judicial-del-libro-farina-sobre-el-narcotrafico-gallego/www espana pitirre info wp content uploads 2018 02 15191589628264
Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+