Información
Galicia

O CONCELLO DE NIGRÁN INSTA Á XUNTA A QUE ESTUDIE DE MANEIRA URXENTE SE EXISTE RISCO REAL DE DESPRENDEMENTO DE PEDRAS NO MONTE DO CASTRO DE CHANDEBRITO

Información
03 Noviembre 2017 2870 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

castro ChandeO rexedor trasladoulle a inquedanza a semana pasada ao delegado da Xunta e técnicos de Patrimonio

As últimas cifras revelan que das 232 hectáreas en Chandebrito de monte comunal sobreviviron só 2 e en Camos 20 de 290 hectáreas

Técnicos do Concello de Desenvolvemento Local e Urbanismo asesorarán aos veciños afectados na tramitación das axudas da Xunta

 

Nigrán 02/11/17.- O Concello de Nigrán insta á Xunta de Galicia para que os seus técnicos estudien urxentemente se existe risco real de desprendemento de pedras no cumio do monte do Castro e, no seu caso, tome tódalas medidas preventivas ao respecto. A petición da propia Alcaldía, a Policía Local de Nigrán emitiu a semana pasada un informe no que se alude a un “posible perigo de desprendemento ante unha riada ou choiva’ cos conseguintes danos que podería causar tanto nas edificacións como nas vivendas que se atopan na falda do monte, asi como nos vehiculos que circulan pola rúa da Igrexia e camiño das Pereiras. Este informe foi remitido xa á Comunidade de Montes, propietaria do terreo e quen tamén deu traslado á Xunta deste tema, e a súa vez o alcalde trasladou verbalmente a inquedanza ao delegado da Xunta e aos técnicos de Patrimonio na súa visita á contorna a semana pasada (estes últimos acudiron ao lugar a petición do propio Concello).

Segundo se constata, na ladeira Sur e Oeste existen grandes pedras nunha zona que presenta unha forte pendente e que actualmente non conta con vexetación ou matorral.

“O Concello trasladou o asunto a Comunidade de Montes, propietaria do terreo, e a súa vez pide a Xunta que o estudie inmediatamente para determinar se efectivamente existe un perigo real ou non é así. Non queremos alarmar a poboación, pero preferimos pecar de precavidos”, resume o rexedor, Juan González.

Segundo as últimas cifras aportadas dende as comunidades de montes, en Chandebrito só sobreviviron aos incendios do día 15 de outubro 2 hectáreas do total de 232 que hai de monte comunal, mentras que na parroquia veciña de Camos sobreviviron 20 dun total de 370 hectáreas comunais. “As cifras dan información clara da magnitude do desastre para Nigrán”, apunta González, quen indica que os técnicos do Concello de Urbanismo e Desenvolvemento local son os encargados de asesorar aos veciños na tramitación das axudas para afectados que ven de aprobar a Xunta de Galicia.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+