Levamos cando menos dous veráns carrexando problemas en materia de salvamento nas praias pola improvisación e falla de planificación do goberno do PP na Xunta de Galicia. No ano 2017 van preto de 50 perdas mortais en Galicia por afogamento, xunto coas 69 do ano 2016 son a mostra clara de que algo se está a facer mal. O 60 % son afogamentos en praias e lugares de baño, o 40% restante en piscinas e ríos. Estes datos dan como resultado o segundo posto no “ranking” estatal. Non cremos que Feijoo estea orgulloso, máis como máximo responsable fai falla que tome medidas.
Dende CxG opinamos que non se está potenciando a figura do Socorrista coa importancia real que ten; sometidos a unha alta estacionalidade que fai qué non sexa unha saída vital positiva, baixa de salarios, horarios ridículos e diferenza de regulación por Concellos, fai que a opción de traballar de socorrista sexa desbotada pola maioría, a iso unimos a falla de criterio normativo e o alto custe da formación.
Tendo en conta que Galicia ten 1498 km de costa e moitos praias, sumado ó actual auxe dos deportes acuáticos: surf, vela e variantes e ó goce de ocio das praias sen ser no verán. Ademais observamos como cada ano se adianta a época de baño. Por elo propoñemos a Xunta que:
-
Que en cumprimento do Decreto de certificación profesional, faga máis convocatorias con máis prazas e máis asequibles.
-
Galicia precisa de 1000 socorristas para un cumprimento real da demanda, garantir en 3 anos a certificación de ese 1000 profesionais.
-
Que se cree un corpo galego de socorrismo que garanta unha contratación fixa descontinua con tres meses de desemprego que garanta a presenza de socorristas todo o ano.
-
Que a competencia sexa directa da Xunta, non compartida cos Concellos que ás veces non poden asumir máis servizos. Se dote os postos dos mellores medios técnicos.
Só dese xeito garantiremos unha maior capacidade de socorrismo que inherentemente reducirá ás mortes. Ademais de xerar emprego e un maior aproveitamento turístico das praias de Galicia todo o ano.
Xuntos-Podemos y Pladesemapesga denuncian un entramado
El "negocio político de las banderas azules al descubierto por ...
El negocio y presunto fraude político de las Banderas Azules a ...
Se confirma la presunta extorsión de fondos ... - Pladesemapesga
Xuntos-Podemos y Pladesemapesga denuncian un entramado ...
Rosa Quintana pone los servicios públicos de los ciudadanos al ...
Pladesemapesga denuncia ante la Fiscalía al Alcalde de A Coruña y ...