Información
Galicia

OS SOCIALISTAS PRESENTAN 16 BATERÍAS DE INICIATIVAS PARLAMENTARIAS PARA DEMANDAR A POSTA EN MARCHA DE POLÍTICAS DE IGUALDADE POLA XUNTA

Información
08 Marzo 2017 2489 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os deputados e deputadas socialistas inician as súas intervencións con citas de mulleres sinaladas e as deputadas do PSdeG realizan un paro simbólico de cinco minutos

Santiago de Compostela, 08 de marzo de 17. O Grupo Socialista rexistrará hoxe, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, un total de 16 baterías de iniciativas parlamentarias de control e impulso con outras tantas propostas para defender a igualdade de xénero e sinalar a paralización das iniciativas do goberno galego neste sentido.

Ademais, as deputadas e os deputados socialistas comezarán cadansúa intervención no Pleno de hoxe cunha cita dunha muller sinalada e as parlamentarias realizaron un paro simbólico de cinco minutos ás 12,00 do mediodía. Así o fixeron logo de que a proposta presentada polos socialistas galegos á Mesa do Parlamento para facer unha parada na sesión non prosperara pola negativa dalgúns grupos parlamentarios.

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, explicou que estas iniciativas parlamentarias, que serán rexistradas ao longo do día de hoxe, pretenden alertar do desleixo do goberno galego en materia de igualdade. Ademais incorporan propostas en positivo para utilizar os instrumentos e as competencias dispoñibles para o Executivo autonómico nesta materia.

Así, propoñen o cumprimento da Lei de Igualdade, que permanece “conxelada” polo Executivo autonómico dende a súa aprobación en 2015, a través da posta en marcha do Plan Galego de Emprego Feminino, a renovación do VI Plan de Igualdade da Xunta, rematado en 2015, liberalizando a concesión de teletraballo na administración, incluíndo a perspectiva de xénero nos orzamentos da Xunta ou reactivando o Consello Galego da Muller.

Citas

As deputadas e os deputados do grupo socialista comezaron ademais hoxe as súas intervencións con citas de mulleres sinaladas, como a escritora galega Emilia Pardo Bazán á que citou o portavoz do Grupo Socialista na sesión de control ao presidente, ou a escritora feminista afroamericana Audre Lorde, escollida pola portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres.

As intervencións comezaron tamén con citas da escritora Virginia Woolf, a tamén escritora galega Concepción Arenal, a investigadora Marie Curie, a lembranza das mulleres de Encrobas ou mesmo á personaxe de tiras de cómic de Quino, Mafalda.

Xoaquín Fernández Leiceaga: “Se en lugar de chamarme Emilia me chamara Emilio a miña vida tería sido ben diferente” Emilia Pardo Bazán.

María Pierres: “Non desmontaremos a casa do amo coas ferramentas do amo”, Audre Lorde.

Patricia Vilán: “Non hai présa, non hai necesidade de brillar, non é necesario ser ninguén agás unha mesma” Virginia Woolf.

Loli Toja: “Ensináronme que o camiño do progreso non é rápido nin sinxelo”, tampouco o da igualdade, seguiremos loitando, Marie Curie.

Noela Blanco: “Temos homes de principios, mágoa que non pasen do principio” Mafalda.

Begoña Rodríguez Rumbo: lembrou ás mulleres de Encrobas, que unha fría mañá do mes de febreiro de 1977, “armadas” con paraugas e o seu propio corpo colocáronse na primeira liña da resistencia, enfrontándose con decisión ao embate da Garda Civil. Protagonistas porque defenderon as súas terras, as súas vivendas, as súas vidas.

Juan Díaz Villoslada: A sociedade non pode en xustiza prohibir o exercicio honrado das súas facultades á metade do xénero humano”. Concepción Arenal.

 
 
 

Búsquedas relacionadas con baltar pp acosador sexual

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+