A eseñanza pública sae as rúas con Folga o día 9 de marzo contra as políticas de Feijoo

Información
14 Febrero 2017 3539 votos - Registrate para votar

A Plataforma en Defensa de Ensino Público, da que forma parte CCOO, convoca folga o 9 de marzo

A Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia, da que forman parte as organizacións CONFAPA-GALICIA, CCOO-Ensino, FeSP-UGT, Sindicato de Estudantes, ESCOLA VIVA e IESGA, mais STEG, facemos un chamamento á folga a toda a comunidade educativa o vindeiro 9 de marzo.

A Plataforma en Defensa de Ensino Público, da que forma parte CCOO, convoca folga o 9 de marzo

O Goberno central afirma e anuncia que está disposto a acadar unha lei educativa de consenso. Pero a realidade demostra o contrario: pon todas as trabas posibles a calquera iniciativa que acabe coa lomce. En primeiro lugar, a subcomisión parlamentaria, que ten unha vixencia de seis meses, leva paralizada xa máis de dous; ademais modificou o seu obxectivo, que xa non será configurar unha nova lei, senón un documento sobre a estratexia 2020, que talvez sirva para unha nova lei, ou non.   Simultaneamente, acorda acudir ao Tribunal Constitucional para tentar anular o acordo do Congreso polo que se impulsa a paralización da lomce, opóndose á vontade da comunidade educativa de derrogala e acadar unha nova lei educativa, a pesar da súa situación minoritaria no Congreso dos Deputados. Actúa desprezando a comunidade educativa e o poder lexislativo, onde reside o poder popular.   Ademais, o atraso nos orzamentos do Estado así como o escaso incremento das partidas dedicadas a educación nos orzamentos galegos impiden a reversión dos recortes en educación, non garanten a igualdade de oportunidades e afondan na desigualdade.
A Plataforma considera que esta forma de proceder non pode quedar sen resposta: a loita debe manterse en todos os niveis (desde a educación infantil ata a universidade) e con todos os integrantes da comunidade educativa (alumnado, pais e nais, profesorado, cadros de persoal dos centros educativos), para seguir esixindo: a derrogación da lomce e diálogo cos axentes sociais para acadar unha nova lei consensuada política e socialmente; a reversión dos recortes; o incremento dos orzamentos dedicados a educación; a recuperación dun sistema de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades; a eliminación das contrarreformas universitarias e das prácticas non remuneradas en fp; a recuperación dos cadros de persoal; a dignificación das condicións laborais dos profesionais do ensino; o freo á privatización do sistema educativo; a baixada de ratios; a superación de políticas normalizadoras que contribúan á recuperación e supervivencia da lingua galega, etc.
Por estes motivos, a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia convoca folga en todas as etapas educativas, desde infantil ata a universidade, o próximo 9 de marzo. Así mesmo, chama a todos os sectores da comunidade educativa a apoiala.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+