Información
Galicia

O SLG crea un grupo de traballo para enfrontar as principais problemáticas do sector da carne de vacún

Información
13 Febrero 2017 2204 votos

22Lois Varela CarreiraCelebrou este sábado, 11 de febreiro, un congreso sectorial no que foron elixidos como responsábel e vicerresponsábel Lois Varela Carreira, de Carteire (Palas de Rei) e Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín)

 

O Sindicato Labrego Galego celebrou esta fin de semana, en Guitiriz, o seu Congreso de Vacún de Carne, no que ademais de elixir unha dirección sectorial, nomeou a un gandeiro e unha gandeira como responsábel e vicerresponsábel deste sector na organización agraria: Lois Varela Carreira, d'A Conguada (Carteire, Palas de Rei) e Inés Casabella Requeijo, de Fanoi (Abadín). Ambos darán relevo ao seu predecesor e predecesora: Xosé Luís López Galán (Pedrafita do Cebreiro) e Mercedes Alonso (Cotobade). Ademais dunha dirección sectorial, no Congreso do SLG tamén se elixiu un grupo de traballo que se encargará da axenda deste sector no día a día Sindicato Labrego Galego.

Polo demais, o Congreso de Vacún de Carne do SLG serviu para que a afiliación debatese sobre os principais problemas e desafíos aos que se enfronta este sector. En certo modo, os debates, ademais do relatorio congresual, serviron para bosquexar a axenda do grupo de traballo. Cuestións como os prezos, a comercialización, a IXP Tenreira Galega, a fauna salvaxe, as axudas da PAC, o acceso á terra ou os servizos públicos no rural suscitaron os principais diálogos.

En cuestión de prezos, por exemplo, seguimos con valores moi baixos, en torno aos 4'40 e os 4'60 € por quilo, cotizacións máximas de 4'90 € para gando ecolóxico. Só na venda directa a carnicerías se alcanzan os 5 € por quilo. No Congreso, analizáronse experiencias de venda directa a clientes que son moito máis rendíbeis; pero, máis alá delas, os gandeiros e gandeiras criticaron feitos que inflúen negativamente nos ingresos das granxas, como que aínda non exista ningún tipo de inspección oficial que evite a fraude nas pesadas dos matadoiros ou a venda enganosa de carne foránea sacrificada en Galiza coma se fose de aquí. Outra queixa, esta centrada na IXP Tenreira Galega, é que segue sen promoverse debidamente a carne de Suprema, que é a que dá prestixio á denominación en beneficio da carne de cebadeiros e explotacións intensivas, que seguen a comercializar baixo o paraugas de calidade da IXP.

Unha vía para mellorar a rendibilidade das producións é a aposta pola calidade, pero moitas granxas se topan de fronte coa imposibilidade de aumentar a base territorial para criar gando con alimentación natural en base a pasteiros e forraxes. A forestación ilegal de terras agrarias e o caos territorial son un hándicap consentido e mesmo favorecido por unha Xunta de Galicia que mira cara a outra banda e que nin sequera é quen de xestionar eficazmente ferramentas que poderían ser de grande utilidade como o Banco de Terras.

Outra problemática que preocupa seriamente a gandeiros e gandeiras é a convivencia coa fauna salvaxe, sexan ataques de lobos, sexan de xabaril ou doutros animais. A demanda unánime é que estes danos deben ser custeados pola sociedade no seu conxunto e non polas ganderías damnificadas en exclusiva. E iso, polo tanto, debe traducirse nunhas indemnizacións suficientes, xustas e áxiles por parte da administración, nada que ver co que temos agora: excesiva burocracia, dificultade ou imposbilidade para cobrar e demoras de até tres anos até o ingreso da indemnización. Mesmo os seguros non son eficaces, dadas as misérrimas compensacións que quedan en nada pola presión fiscal -computan no IRPF como beneficios da granxa- e polas penalizacións ao dar parte.

As axudas da PAC poden paliar en parte a baixa rendibilidade da profesión ocasionada por problemas coma os devanditos. Porén, nin sequera neste eido é efectiva a administración, con algunhas PACs de 2015 aínda sen cobrar e todas as de 2016; en canto ás axudas agroambientais, a finais de 2016 aínda non se sabía se foran aprobadas as de 2015.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+