Información
Galicia

Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ao respecto da situación do Centro Dramático Galego, tras as dimisións de tres membros do tribunal, incluído o director dunha parte do espectáculo 'Martes de Carnaval', TIto Asorey:

Información
10 Febrero 2017 2484 votos

A AAAG lamenta os atrancos que está a vivir a próxima produción do Centro Dramático Galego e cuestiona o procedemento de selección do elenco imposto dende a Agadic

Santiago, 10 de febreiro.- A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), asociación sindical que aglutina a preto de 300 actores e actrices, lamenta os atrancos que está a vivir a vindeira produción do Centro Dramático Galego (CDG) Martes de Carnaval, tras as dimisións de tres membros do tribunal do concurso público desenvolvido pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). Entre esas dimisións, atópase a de Tito Asorey, quen ía dirixir As Galas do defunto (unha das dúas partes nas que se configura a produción Martes de Carnaval), quen nun comunicado enviado aos medios e, recollido entre outros pola Erreguete, sinala que os motivos da súa dimisión proceden da "falta de acordo coa administración" en canto ao procedemento xurídico que regula a selección do elenco desta montaxe, xa que a aplicación deste proceso "dificultaba enormemente" o proceso artístico do propio Asorey como director.

Ante estes feitos, a AAAG lamenta os atrancos que se están a producir nesta montaxe, a única anunciada para desenvolver ao longo do ano 2017, e aproveita a ocasión para cuestionar unha vez máis o proceso de selección que a Agadic impuxo para o CDG. Un proceso ante o cal a AAAG sempre manifestou a súa oposición ao considerar que non é o máis axeitado para unha institución coma o CDG, xa que pasa por alto as particularidades laborais e artísticas dos actores e actrices e directores e directoras, tal e como indica Asorey no seu comunicado. Cómpre lembrar que a AAAG transmitiu en diversas ocasións á directora do CDG, Fefa Noia, e ao director da Agadic, Jacobo Sutil, estas preocupacións así como as posibles consecuencias, que agora se materializan e entorpecen o funcionamento desta institución de teatro público, fundada fai 33 anos grazas ao entendemento entre o sector e a administración daquela altura.

A AAAG nas últimas semanas detectou o descontento xeneralizado que existe na profesión diante do proceso e en base a multitude de reclamacións que recibiu por parte dos seus asociados/as ao respecto de presuntas irregularidades que se estarían a producir na selección de intérpretes no citado proceso. A AAAG, ao recibir esta comunicacións esixiulle ao director da Agadic, Jacobo Sutil, explicacións -tanto por escrito coma nunha xuntanza- do que estaba a acontecer, así como se lle lembrou que a AAAG está en desacordo con este proceso para escoller os elencos, pero que no momento en que puxeron en marcha un concurso público destas características, cumpría facelo coa máxima corrección e transparencia. Consideramos que a Agadic non cumpriu coa necesaria transparencia e evitou ofrecer explicacións públicas das dimisións, así como as razóns que as motivaron e proseguiu co proceso cunha aparente normalidade que, vendo as informacións publicadas na prensa, dista de toda realidade.

 

A AAAG, ante estas circunstancias e co obxectivo de garantir que a situación non implique baixo ningún concepto a parálise da institución e que neste 2017 se vexa materializada Martes de Carnaval -montaxe chamada a ser a segunda adaptación ao galego de Valle-Inclán estreada tras a liberación dos seus textos- insta á Agadic a que realice as explicacións públicas oportunas e suficientes.

Así mesmo, a AAAG agarda un compromiso firme da Agadic para que esta sexa a derradeira ocasión en que se desenvolva un concurso destas características e que a partir de agora -e recuperando o espírito fundacional de diálogo entre a administración e profesión co que naceu o CDG-, busquemos entre todos/as un novo modelo que satisfaga a todas as partes implicadas: actores e actrices, directores e directoras e a propia administración.

Con esa meta, a AAAG sinala como unha necesidade urxente que o Centro Dramático pase a ser na maior brevidade posible unha institución independente, cunha personalidade xurídica propia e autónoma, cuns estatutos propios. Así mesmo, a AAAG anuncia a súa intención de traballar para ofrecer alternativas que satisfagan a todas as partes e para iso iniciará unha rolda de consultas dentro do sector, comezando por escoitar e analizar diferentes propostas cos directores e directoras teatrais, así como do seu corpo asociativo.

Consideramos, ademais, que é o momento idóneo para abordar este asunto coa administración por tres motivos. O primeiro, dadas as circunstancias actuais, todas as partes han entender que unha situación como actual non se poder repetir. O segundo, a disposición da actual directora do Centro Dramático, que procura sustentar o seu labor no diálogo fluído coa profesión, intención que aplaudimos e á que respondemos sempre coa esperanza de que algún día sexa máis efectivo cá estético. O terceiro motivo vén dado polo anuncio realizado o pasado 23 de xaneiro na entrega dos Premios da Cultura Galega por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen adiantou a próxima creación dun plan para o sector cultural.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+