Información
Galicia

Podemos estar ante unha segunda estafa das preferentes

Información
01 Diciembre 2016 3201 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Rolda de prensa BNG-CIG Rolda de prensa BNG-CIG O BNG comprométese cos representantes da CIG-Banca a levar ao Parlamento iniciativas para protexer aos usuarios e usuarias

A portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, xunto as deputadas, Montse Prado e Noa Preas mantiveron un encontro con representantes de CIG-BANCA ante o risco da posta en marcha de novos produtos financeiros tóxicos.

Ante os medios de comunicación, a portavoz nacionalista advertiu que “podemos estar ante unha segunda estafa das preferentes e outros produtos financeiros prexudiciais para os consumidores e consumidoras”. Dende o BNG, dixo, “temos un compromiso para que se tomen todas as medidas necesarias de protección” porque, a pesar da normativa comunitaria “existe unha grande indefensión” d@S clientes de entidades bancarias.

Por outro parte, Pontón criticou que a Xunta e o Goberno central “miran para outro lado” antepoñendo os intereses da banca aos intereses das persoas que temos  aforros nunha entidade bancaria. Nestes sentido, engadiu, “asumimos o compromiso de trasladar ao Parlamento galego propostas para evitar unha estafa como a que  vivimos coas preferentes”.

Ana Pontón considerou que calquera galego ou galega debe contar con “información e amparo” fronte á banca polo que anunciou que o BNG reclamará “unha regulación máis estrita” dos produtos financeiros que se venden a minoristas. Coa baixada dos xuros, explicou Pontón, a banca está actuando para non perder beneficios a través de produtos financeiros con “graves riscos” e nalgúns casos sen amparo por parte do Fondo de garantías.

Oficina de información para os e as consumidoras

A portavoz parlamentaria tamén anunciou que o BNG reclamará “oficinas especializadas de atención aos clientes da banca” para actuar preventivamente ou protexelos ante abusos. Nós, recalcou tamén compartimos coa CIG-BANCA que a Xunta solicite ter presenza na Comisión consultiva CNMV como sucede co Goberno vasco e catalán.

CIG-BANCA

Pola súa parte, o secretario nacional, Clodomiro Montoro avanzou que a  campaña  da CIG-Banca que reclama protección ante a venda de produtos tóxicos será trasladada, ademais da Cámara galega, ao Congreso e Parlamento europeo.

O responsable de CIG-Banca demandou do poder político medidas para frear o que está a acontecer no sistema financeiro e lembrou   a experiencia recente  da “mala praxe comercial de preferentes, cláusulas chan, waps, valores...”.

Montero explicou que a CNMV non aplicou as normativas europeas de protección de usuarios, máis ben todo o contrario, o seu labor foi de “protección e submisión á gran banca”.

Na actualidade, dixo,  os clásico depósitos dos pequenos aforradores teñan unha rendibilidade  moi baixa e resulta a  clientela máis proclive a derivar eses aforros cara produtos tóxicos. Por outro lado, Clodomiro Montero denuncio “as políticas agresivas dos Bancos cos traballadores” co fin de colocar esa clase de produtos.

Para o responsable da CIG-Banca, a Comisión nacional de Valores debe ser máis estrita á hora de valorar os produtos financeiros e reiterou que son os traballadores e traballadoras da banca os que están obrigados a colocalos en entidades financeiras, algunhas con expedientes de regulación de emprego. Estamos pois, “ante unha nova tormenta perfecta” como sucedeu coas preferentes, concluíu.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+