Información
Galicia

Unos extras acumulados al sueldo, Ponencias, foros y chiringuitos bajo presuntas incompatibildiades de funcionarios públicos, en esta ocasión: o director da Axencia Enerxética Provincial, Jesús Castro

Información
01 Diciembre 2016 2529 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

A Fundación Axencia Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC), dependente da Deputación, participou hoxe no "I Foro Galego de Luminotecnia e Innovación" que se celebrou en Santiago de Compostela. A través do seu director, Jesús Castro, destacou o labor da axencia enerxética ao longo da súa historia. Castro tamén explicou o plan director realizado pola FAEPAC para unha maior eficiencia enerxética dos concellos: "O obxectivo é aforrar enerxía dende un punto de vista sustentable, unha tarefa que dende a FAEPAC facemos a través de distintas medidas encamiñadas a reducir o gasto na factura da luz dos concellos e cidadáns", destacou Castro.
Ao encontro tamén asistiron os expertos no eido enerxético como o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta de Galicia, Ángel Bernardo Tahoces, que foi o encargado de inaugurar o foro; Ángel González Calvo, presidente executivo de SETGA e Fernando Ibáñez Abaigar, presidente do Comité Español de Iluminación (CEI), entre outros.
A regulación e a renovación da enerxía nos municipios foron o eixo das conferencias que se centraron na aplicación do aforro enerxético nos concellos, a dixitalización do ciclo de vida dos proxectos de iluminación pública con tecnoloxía galega, o potencial humanizador da iluminación pública ou casos de éxito reais en materia de eficiencia enerxética.
A FAEPAC, impulsa o Plan de aforro enerxético para os municipios, no que destaca actuacións coma o control e optimización da facturación enerxética municipal, tramitación e xestións de subvencións, redacción de pregos de contratación, en materia de mantemento, aforro e eficiencia enerxética, auditorías enerxéticas en iluminación pública, edificios municipais e instalacións técnicas, prescricións técnicas para a contratación de novas subministracións, ou a formación de técnicos municipais en materia enerxética.
Asemade, o director da FAEPAC, Jesús Castro fixo repaso doutras actividades que dende a axencia levan a cabo como a promoción do coche eléctrico ou híbrido, a loita contra a pobreza enerxética, ou o novo servizo de asesoramento a particulares, unha iniciativa que se enmarca na estratexia do goberno provincial para impulsar os proxectos da FAEPAC, e achegar a súa utilidade tanto aos concellos coma aos cidadáns.

 

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+