Unidas Podemos demanda no Congreso paralizar cautelarmente a actividade de Ence até inspeccionar o estado da caldeira

Información
03 Marzo 2021 603 votos - Registrate para votar


‘Instamos a Fiscalía a que actúe de oficio até verfiicar cal é o estado da planta de celulosa e os riscos sanitarios e ambientais para traballadores e veciños’, demanda Gómez Reino


Pontevedra, 3 de marzo.- Unidas Podemos vén de rexistrar unha iniciativa parlamentar que insta ao Goberno a decretar o peche cautelar da actividade industrial da planta de Ence en Pontevedra até que unha inspección independente verifique cal é o estado das instalacións e despexe calquera posible risco para a saúde dos traballadores e veciños, logo de que nun vídeo, o seu conselleiro delegado advertise da posibilidade de sufrir ‘un susto maiúsculo pola inestabilidade da caldeira’.

‘Instamos a Fiscalía a que actúe de oficio pola gravidade da situación e as posibles afeccións sanitarias e ambientais sobre o persoal e a poboación da contorna até que se certifique cal é o estado da planta de celulosa’, demanda o deputado de Unidas Podemos, Antón Gómez Reino. 

O escrito rexistrado na Cámara Baixa por Unidas Podemos refírese a recente publicación dun vídeo no que o conselleiro delegado de ENCE Energía e Celulosa, Ignacio Comenares, se pronunciaba en contra da Lei de Cambio Climático que tramita o Congreso no que respecta a xestión do dominio público marítimo terrestre, regulado no artigo 18, e alerta do mal estado da caldeira de recuperación da planta condicionando a súa reparación a que se modifique o texto normativo nunha sorte de chantaxe intolerable con posibles consecuencias legais.

Colmenares, na citada publicación que a Asociación na Defensa da Ría (APDR) elevará ao Ministerio Público, falaba específicamente da posibilidade de sufrir un ‘susto maiúsculo ambiental en calquera momento’ pola inestabilidade da caldeira, e condicionaba o investimento dos 250 millóns  previstos no Plan Estratéxico 2019-2023 para o seu arranxo a modificación do proxecto de Lei de Cambio Climático do Goberno. 

Convén lembrar, sinalaba Gómez Reino, que Ence foi repetidamente condenada por delitos e irregularidades ambientais mentres a Xunta de Alberto Núñez Feijóo, con plenas competencias na materia, amosou unha descarada complicidade coa empresa e total iniciativa para fiscalizar a Ence e facer cumprir as sentenzas firmes na súa contra. 

A derradeira condena contra Ence foi en xaneiro desde 2021, cando a xustiza desestimou o seu recurso contra a paralización dunhas obras no complexo de Pontevedra que acometían sen licencia.  Moito antes, o Tribunal Supremo xa condenara ao Estado a paralizar a actividade de Ence na ría galega, ‘con neglixente execución’ por parte dos Gobernos do PP que, estando en funcións, en xaneiro do 2016 prorrogaron a concesión a Ence até o 2073 amparándose nun artigo da lei de Costas que previamente tiñan modificado para satisfacer a empresa celulosa. 

Unha maniobra presuntamente ilegal que está aínda pendente de sentenza na Audiencia Nacional mentres a empresa segue facendo na planta de Pontevedra o que lle peta, mesmo incumprir as inversións pactadas como a ampliación da depuradora de Praceres.  

Unidas Podemos quere poñer en valor o traballo feito nos últimos 30 anos pola Asociación pola Defensa na Ría (APDR) e fai un chamado as Administración públicas para iniciar unha inspección independente na planta que certifique cal é o estado real das instalacións e determinar de xeito veraz os posibles riscos.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+