Información
Galicia

CIG-Ensino esixe transparencia na dotación de profesorado e na xestión dos contaxios e das corentenas, rexeita o uso de mamparas

Información
17 Septiembre 2020 587 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

elnegociodelasmamparasorquestadoporfeijoo

Desde o sindicato manifestan que existe moita confusión nos centros educativos sobre situacións para as que a Consellaría non ten instrucións claras e que non son públicas, como a xestión dos contaxios e de quen debe gardar corentena.

 

CIG-Ensino esixe transparencia na dotación de profesorado e na xestión dos contaxios e das corentenas, rexeita o uso de mamparas e reclama garantías para a semipresencialidade

Co curso iniciado en infantil, primaria e educación especial e a piques de facelo en secundaria son numerosas as consultas que se están a producir por parte do profesorado sobre os últimos movementos da Consellaría e sobre cuestións de xestión diaria da crise sanitaria nos centros educativos. Velaquí as nosas demandas e posicionamento ao respecto.

Transparencia na dotación de profesorado

Ante os anuncios do conselleiro de onte, as contas en primaria, infantil e educación especial están claras. O único incremento real de profesorado foron 221 interinidades que houbo de diferenza entre a adxudicación provisional de destinos de xullo e a definitiva de agosto. A maquinaria de propaganda á que nos ten acostumadas a Consellaría empregou os contratos programa e a obriga legal de cumprir as ratios en primaria para inflar a cifra neste corpo. A demanda da CIG-Ensino é clara: nestas etapas educativas debe garantirse igualmente a separación de metro e medio entre alumnado e autorizar desdobres e reforzos de persoal docente e non docente onde sexa necesario.

En secundaria, FP e ensinanzas de réxime especial é imposíbel facer unha avaliación sobre a dotación de profesorado se a Consellaría non actúa con transparencia. Non sabemos exactamente cantas docentes pedían todos e cada un dos centros e en que condicións as pedían, se contaban con espazos suficientes para facer desdobres ou non. Ante a falta destes datos fúrtase a posibilidade de control sindical e social das cifras anunciadas polo conselleiro. Ademais, tal e como denunciamos publicamente, o tratamento foi moi diferente entre os centros. Por outro lado, desde a CIG-Ensino insistimos en que o profesorado e a comunidade educativa ten que formar parte da toma de decisións nos centros no que ten que ver con recorrer a quendas de tarde, á semipresencialidade ou ao uso de anteparos e calquera destas medidas debería ser debatida e aprobada polo claustro e polo consello escolar.

Semipresencialidade

Para a CIG-Ensino a semipresencialidade debe ser o último recurso e só naqueles centros nos que non haxa espazos para desdobres. Ademais, entendemos que é preciso garantir que non haxa discriminación na conectividade entre alumnado, que desde a Consellaría se aclare como se vai facer o seguimento e o aproveitamento curricular do alumnado que non asiste presencialmente e entendemos tamén que este recurso debería vir acompañado de profesorado específico ou a maiores. Moito nos tememos que coas restricións impostas  da Consellaría na práctica, a semipresencialidade vai supor unha redución de horario lectivo e de currículo e un aumento da carga de traballo do profesorado.

Ademais, a CIG-Ensino amosa a súa preocupación porque a semipresencialidade afonde no problema que se arrastra desde finais do curso pasado. Parece que a administración xa esqueceu que durante o primeiro trimestre e en xeral durante o actual curso tería que facerse unha adaptación curricular para suplir as carencias que se derivaron da suspensión das aulas desde marzo até xuño pasados. Polo tanto, precisamos que a Consellaría garanta que alumnado, profesorado e centros que se vexan afectados pola semipresencialidade non vexan mermada a atención e a calidade educativa.

Anteparos non

Para a CIG-Ensino recorrer a anteparos é a peor das solucións desde todos os puntos de vista. En primeiro lugar porque dá unha falsa sensación de seguridade e porque reduce a un metro a distancia incumprindo todas as recomendacións das autoridades sanitarias e expresamente a da OMS que fala de 1 metro entre pupitres ou a do acordo co Ministerio que fixa 1,5m interpersoal como mínimo. Ademais de supoñer un custe excesivo para os centros supón unha complicación engadida en materia de limpeza e loxística das mesmas, sendo preciso máis persoal para mantelas hixienizadas.

Xestión dos contaxios e das corentenas

Cando apenas se cumpre unha semana do inicio de curso en infantil, primaria e educación especial e xa hai, segundo datos da propia administración, dous centros pechados e 29 casos positivos demandamos unha transparencia absoluta de todos os contaxios que se produzan e dos centros que se vexan alterados por peche. Esa información debe estar dispoñíbel a diario na páxina web da Consellaría de Educación e debe axilizarse a posta en marcha urxente da aplicación EduCovid para que se poidan rastrexar os contactos.

O profesorado, as familias e o alumnado, toda a comunidade educativa, ten que ter as máximas garantías de que quen está xestionando na Consellaría de Sanidade os abrochos que se poidan producir o está facendo de forma correcta. Pero insistimos, para poder confiar nas autoridades sanitarias galegas, os criterios que apliquen en cada centro teñen que ser públicos e transparentes.

Isto xa está creando suspicacias e dúbidas entre a comunidade educativa porque se están adoptar diferentes recomendacións en canto ás corentenas dependendo do centro ou da consideración de contactos estreitos. A CIG-Ensino nunca vai poñer en cuestión as decisións de medicina preventiva pero demandamos que sexan profesionais sanitarios os que determinen que é un contacto directo, por exemplo, e non que o teña que facer profesorado membro do equipo Covid dos centros, como aparece no apartado 7.3 do protocolo publicado o 31 de xullo. Neste sentido, poñemos un exemplo que xa se ten producido: se hai un caso positivo nunha clase de primaria e se opta por poñer en corentena ao resto do alumnado e á titoría, pero non así ás especialistas, queremos que se determine porque se toma esta decisión en base a criterios obxectivos e científicos: tempo de contacto co positivo, utilización de material de protección, ventilación das aulas… Entendemos que non exista un criterio uniforme para todos os casos e que se atenda as diferentes casuísticas mais  é preciso que os que se apliquen sexan claros, concisos e transparentes para todo o persoal dos centros e para o conxunto da sociedade.

Queremos que as decisións sexan médicas e non políticas, que se atenda a instrucións sanitarias coherentes e coñecidas, e que esas decisións sexan trasladadas de forma clara e rápida aos centros educativos.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+