Información
Galicia

ARCO para o curso 2020/21 non será universal e limitarase á presenza dun ou dunha docente a media xornada nunha minoría dos centros públicos galegos

Información
31 Julio 2020 732 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Feijóo ignora y desprecia la vida de los gallegos/as "anestesiado ...

Docentes con contrato a medias xornada, limitada implantación nunha minoría dos centros educativos públicos do país e dentro destes só para unha parte do alumnado (4º, 5º e 6º de EP, 1º e 4º da ESO), todo dentro dun plan plurianual (2014-2020) financiado polo Ministerio de Educación e o Fondo Social Europeo. Esta é a oferta feita pública no día de hoxe pola Consellaría de Educación e vendida como un esforzo da administración galega para afrontar a necesidade de reforzos educativos nun curso excepcional na que a Xunta pretende impoñer a doutrina Feijóo do custo cero.

 

A CIG-Ensino insiste nas súas críticas a estas modalidades de contratación fronte ao necesario investimento en materia de persoal para incrementar os cadros de persoal. Se o sindicato xa fai estas críticas nun curso ordinario, os motivos para redobrar as queixas sindicais son maiores dada a situación da pandemia e a negativa da Xunta de Feijóo a incrementar docentes, reducir ratios e mellorar as condicións de seguranza nos nosos colexios e institutos.

Vexamos os puntos máis salientábeis desta convocatoria:

A contratación de docentes vinculada ao programa ARCO do curso 2020/21 non comezará antes do mes de outubro, xa que o prazo para que os centros poidan solicitar estas medias contratacións remata a finais de setembro.
Só afectará a 221 centros de Primaria (o 38% dos 581 CEIP e CEP do país). En cada centro seleccionado só se contará cun ou cunha mestra con media xornada para atender ao alumnado dos tres últimos cursos.
Na ESO só se atenderá con contratos a media xornada a un mínimo de 161 centros e un máximo de 232, en función das prazas para atención de 1º (161 medias xornadas) e 4º (outras 161 medias xornadas). Hai na actualidade 318 centros públicos que imparten a ESO en Galiza (64 CPI e 254 IES). Pode darse o caso de que nalgúns centros esas medias xornadas se agrupen en xornadas completas.
En ningún caso se poderá superar a cifra de 543 contratacións a media xornada (o equivalente a 271,5 postos de traballo).
Estas contratacións non están relacionadas directamente con ningún plan de actuación específica relacionado coa situación de pandemia provocada pola covid-19. Só se introducen cambios entre os que convén sinalar que o profesorado ARCO traballará en horario lectivo e como apoio nas propias aulas cando con anterioridade o facía, con carácter xeral, fóra do horario lectivo. Isto reafirma máis aínda a demanda da CIG-Ensino de modificar estas actuacións puntuais que serven como parches na atención educativa e camiñar cara un incremento dos fondos destinados á contratación de persoal fixo nos centros, a todos os centros e para todo o alumnado.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+