Información
Galicia

GONZALO CABALLERO ANUNCIA QUE UN GOBERNO SOCIALISTA CREARÁ UNHA CONSELLERÍA DE CIENCIA E INNOVACIÓN: “O VOTO AO PSdeG É A ÚNICA FORMA DE CONSTRUÍR UNHA GALICIA MELLOR”

Información
02 Julio 2020 1331 votos

Gonzalo Caballero mitin Pontevedra

O ministro subliña que “no es tiempo de gobiernos conservadores” e chama a “apostar por el futuro” da man dunha persoa “con tanto impulso, con tanta energía y con las ideas tan claras” como Gonzalo Caballero

 

Pontevedra, 1 de xullo de 2020. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe que un goberno socialista creará unha consellería de Ciencia e Innovación no goberno galego, para apostar pola vangarda dende Galicia en liña coas demandas dos investigadores, ao tempo que recalcou que “o voto ao PSdeG é a única forma de construír unha Galicia mellor”.

Quero ser presidente para construír unha Galicia mellor, porque non é o mesmo cando goberna a esquerda que cando goberna a dereita”, recalcou dende Pontevedra, nun acto na Praza da Ferrería ante varios centos de persoas a 10 días das eleccións galegas.

Ao fío diso, Gonzalo Caballero advertiu de que “por un voto se decide un goberno” e que “non é o mesmo cando goberna a esquerda que cando goberna a dereita”. Máxime, incidiu, nun contexto de crise como o actual: “os que, en bonanza, destruíron 70.000 empregos, recortaron a sanidade e privatizaron as residencias non poden pilotar o futuro”.

Queremos unha Galicia de futuro”, proclamou o candidato socialista, e “por un voto decidimos se Galicia avanza ou se mantén na estratexia de confrontación do PP, se seguimos coa senda dos recortes do PP ou camiñamos cara o progreso co PSdeG”.

Estamos como motos, con impulso, con forza e con ganas, porque cada día se reactiva máis a maioría progresista que quere sacar ao PP da Xunta”, destacou Gonzalo Caballero, convencido de que esta crise “esixe unha resposta progresista”.

Por iso, apelou a esa “Galicia unida que quere sanidade e educación públicas, que quere igualdade, que pensa na xente” e chamou a votar ao PSdeG poñendo fin aos 11 anos do PP de Feijóo.

E, tras criticar que Pontevedra non tivo en Feijóo “un aliado”, senón todo o contrario, Gonzalo Caballero garantiu apoio a esta cidade cando sexa presidente.

NO ES TIEMPO DE GOBIERNOS CONSERVADORES”

Pola súa banda, o ministro de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, subliñou a importancia do cambio en Galicia para “dar más oportunidades a nuestros hijos y nuestros nietos”.

No es tiempo de gobiernos conservadores”, recetou Pedro Duque, quen chamou a “apostar por el futuro” da man dunha persoa “con tanto impulso, con tanta energía y con las ideas tan claras” como Gonzalo Caballero. “Espero que seas el próximo presidente de la Xunta”, concluíu.

ENCHER AS URNAS”

O encargado de abrir o acto foi o tenente de alcalde de Pontevedra, Tino Fernández, quen ao igual que a número tres pola candidatura socialista por esta provincia, Paloma Castro, chamou a “encher as urnas de votos socialistas” o 12 de xullo despois de 11 anos nos que Feijóo “non fixo nada” por Pontevedra.

Pola súa banda, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, pediu o voto para o PSdeG por “un cambio que saque a Galicia da cola”. “Hai que coller a papeleta co nome de Gonzalo Caballero”, finalizou.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+