Información
Galicia

A rula busca na Fiscalía o amparo que non atopa no Goberno de Feijóo na Xunta

Información
12 Agosto 2019 830 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Os ecoloxistas veñen de solicitar á Fiscalía que investigue a legalidade das autorizacións para cazar a rula. A Unión Europea iniciou un procedemento de infracción por non conser-var esta ave. A Xunta segue permitindo a súa caza, cando está en perigo de desaparición.


A Coruña, 12 de agosto de 2019.
Ecoloxistas en Acción ven de comunicar ó fiscal delegado de medio ambiente en Galicia, mediante correo certificado remitido o pasado venres, a posible comisión dun delito de vulneración do artigo 404 do Código Penal por ter autorizado a Xunta de Galicia a caza da rula común (Streptopelia turtur, coñecida en castelán como tórtola europea) e solicita a suspensión cautelar da súa caza.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, nunha resolución publicada no DOGA do 31 de maio, autoriza a caza da rula en A Limia a partir do próximo 17 de agosto, malia atoparse esta ave nun franco declive e producirse nunha zona de especial protección para as aves.

A grave situación da rula levou a que a Comisión Europea iniciara o 25 de xullo un proceso de infrac-ción contra o Estado español por non tomar medidas de conservación que freen o seu declive. Espa-ña alberga máis da metade da poboación reprodutora da Unión Europea, polo que é o país clave na conservación desta ave que está a sufrir en toda Europa un forte retroceso. Mediante unha longa carta de emprazamento, a Comisión Europea comunicou ó ministro de asuntos exteriores a vulnera-ción de tres artigos da Directiva 2009/147/CE, relativa á conservación das aves silvestres, coñecida habitualmente como Directiva Aves.
Segundo a Comisión Europea, España ten perdido un 40 % das rulas reprodutoras no período 1996-2016, en base ós datos proporcionados polo Instituto de Investigación en Recursos Cinegéticos do CSIC. Salienta que as diminucións máis destacadas son as de Galicia e País Vasco.
O indignante caso da ZEPA da Limia
A Xunta autoriza a caza da rula nos 9 concellos da comarca ourensá de A Limia durante a media veda que empezará o próximo 17 de agosto e rematará o 8 de setembro, malia terse observado nesta zo-na un declive das poboacións do 37 % nos últimos anos. A Limia foi declarada ZEPA (zona de especial protección para as aves) pola Xunta de Galicia no ano 2009, recollendo o mandato da Directiva Aves de crear espazos de protección para as aves. Se o proceso da súa declaración foi polémico por redu-cir as 10.000 hectáreas propostas no proxecto orixinal do ano 2007 até as 6.939,28 hectáreas actuais, o máis indignante é que incluso se autorice nela a caza dunha ave en serio perigo de desaparición.
As denuncias ecoloxistas
Por estes motivos, o pasado 30 de xullo a Sociedade Galega de Ornitoloxía, en nome de 6 entidades
ecoloxistas, demandou á Consellería de Medio Ambiente que prohiba a caza da rula en toda Galicia
con carácter indefinido, inicie o proceso para incluír esta especie no Catálogo Galego de Especies
Ameazadas na categoría de vulnerable e implante medidas eficaces de conservación.
Aparte dos beneficios para a biodiversidade, estas medidas axudarán a evitar as severas sancións
económicas que levará aparellado o procedemento infractor iniciado pola Comisión Europea.
A Sociedade Galega de Ornitoloxía comunicou ao Comisario de Medio Ambiente da Unión Europea, D.
Karmenu Vella, a situación que se está a dar en Galicia e dirixiuse tamén ó Defensor del Pueblo, D.
Francisco Fernández Marugán, para expoñerlle a situación de vulneración da lexislación básica de
conservación da natureza en Galicia.
A necesaria intervención da Fiscalía
Debido a que non temos constancia de que a Consellería de Medio Ambiente teña suspendida a caza
da rula, malia as advertencias da Sociedade Galega de Ornitoloxía, Ecoloxistas en Acción tomou a decisión
de informar á Fiscalía dos feitos para que investigue a posible comisión dun delito que pode levar
aparellada unha condena de inhabilitación especial para emprego ou cargo público por un tempo
de entre sete e dez anos.
Debido á situación extrema na que se atopa a rula, solicitámoslle á Fiscalía que con carácter de urxencia
tome a medida cautelar de suspender a caza da rula en toda Galicia.
Un continuado declive
A rula común pasou de ser hai tres décadas unha ave frecuente na campiña galega a estar actualmente
en serio declive. Tratándose dunha ave ligada ós sistemas agrarios, onde se alimenta principalmente
de sementes de malas herbas nas terras de labor, está a padecer a transformación do
mundo rural. O abandono das fincas que se pechan con mato e o uso sistemático de herbicidas están
a afectarlle gravemente, pois diminúen as súas posibilidades de alimentación.
O terceiro gran problema que sofre é a caza. Sendo unha especie migradora que pasa boa parte do
seu ciclo anual en África, a rula está exposta nos seus desprazamentos a numerosas baixas por causas
naturais. Por ese motivo, a prohibición da súa caza é a medida máis eficaz entre as que se poden
tomar no curto prazo para que non diminúan as súas poboacións.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+