Información
Galicia

Alumnado de tres continentes participa na XXIX edición dos Cursos de lingua e cultura galegas

Información
01 Julio 2016 3379 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Foto: Real Academia Galega

Os cursos de lingua e cultura galegas ‘Galego sen fronteiras’ atraen un ano máis a Santiago de Compostela a persoas procedentes de distintos continentes. A XXIX edición deste encontro arrincou esta mañá organizada pola a Real Academia Galega (RAG), polo Instituto da Lingua Galega (ILG), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Deputación da Coruña. 
Na inauguración interviñeron a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o director do ILG, Ernesto González; o director dos cursos, Henrique Monteagudo; o presidente da RAG, Jesús Alonso Montero; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O profesor Ernesto González lembrou que os cursos naceran hai 29 anos co propósito de “abrir Galicia ao mundo dende a profunda convición de que, como pobo, somos depositarios dun legado lingüístico e cultural que debemos non só preservar senón tamén compartir cos demais pobos”. Esa idea compartiuna tamén a vicerreitora Álvarez, que destacou que grazas a estes cursos o galego está cada vez máis presente en universidades de todo o mundo.
Pola súa banda, o presidente da RAG, botando man do aniversario das Irmandades da Fala, apelou no acto á “bandeira ergueita do espírito”. “Mentres que haxa xente que coma vós veña a abrazar esa bandeira sempre haberá quen defenda o noso idioma”, dixo. 
Dezasete países O alumnado chega a Galicia para se mergullar na nosa cultura procedente de diferentes comunidades autónomas de España e doutros 16 países de Europa, América e Asia: Alemaña, Reino Unido, Finlandia, Hungría, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Rusia, Suíza, Arxentina, Brasil, Chile, Estados Unidos, Singapur e Xapón. Ademais de asistir estas tres semanas a clases teóricas e prácticas, o estudantado poderá gozar dunha programación que inclúe conferencias, visitas a lugares de interese cultural e natural e obradoiros de música e baile galego, entre outras propostas.
No apartado de palestras participarán a cantautora María Xosé Silvar Ses, a escritora e xornalista María Solar, a tamén escritora e catedrática de Didáctica das Ciencias da USC Marilar Aleixandre, o autor e director teatral Cándido Pazó, o catedrático de Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto, a profesora da Universidade de Varsovia Maria Boguszewicz, o profesor da Universidade de Wisconsin-Milwaukee Gabriel Rei-Doval e o académico e catedrático de Filoloxía Románica da USC Francisco Fernández Rei. 
O presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, tamén impartirá unha conferencia ao alumnado tras a visita á sede da Academia prevista para o vindeiro 8 de xullo. A Fundación Rosalía, a Fundación Otero Pedrayo ou o Museo do Pobo Galego figuran igualmente na listaxe de visitas dun programa que inclúe, entre outras actividades, un espectáculo do dúo Aldaolado; un recital de novas voces poéticas conducido por Gonzalo Hermo, ‘Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández’ de 2015, e protagonizado por Olalla Cociña, Silvia Penas, Francisco Cortegoso e Xesús Castro; e un obradoiro de música galega a cargo da Central Folque.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+