O BNG de Vedra, denuncia un alleamento de bens públicos fraudulento no noso Concello

Información
Galicia | 22 Julio 2019 | 1670 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

WhatsApp Image 2019 07 22 at 00.15.17O BNG DE VEDRA DENUNCIA A VENDA FRAUDULENTA DE BENS MUNICIPAIS

Presenta un recurso extraordinario contra o decreto do alcalde de venderlle a achegados do PP un tractor e unha furgoneta

 

Vedra, 19 de xullo. O portavoz municipal do BNG de Vedra, Pose Rodríguez, interpuxo un recurso extraordinario contra o decreto do alcalde que permitiu a venda dun tractor John Deere e unha furgoneta Citroën C15 a familiares do PP, sen informes, sen publicidade e favorecendo a membros do seu partido.

O fraudulento proceso estivo pragado de graves irregularidades. No caso do tractor, que estaba en perfecto estado de uso, foi vendido por un importe de 1.700 euros, cando o valor estimado no mercado é de 6.000 euros. O comprador foi o irmán do concelleiro electo de Boqueixón e número dous das listas do PP, e foi adquirido para realizar labores na granxa da súa propiedade, estando na actualidade (e dende o día seguinte á súa venda) en uso na explotación. O Comprador da furgoneta foi outro veciño de Boqueixón, cuñado do anterior, e valeulle 300 €.

Esta venda fraudulenta fíxose sen incoar un expediente de desafectación e sen dar conta ao pleno da corporacion municipal. Non se fixo valoración dos vehículos por parte dun experto. O tractor non foi dado de baixa, a pesar de ser declarado inútil polo alcalde e estar a funcionar nunha explotación gandeira de Boqueixón desde o día seguinte.

Ademais, o alcalde falseou o expediente de venda dicindo o 14 de febreiro que habia unha oferta presentada, cando ese día non había ningunha, xa que a oferta presentada foi realizada catro días despois.

Finalmente, ademais de non lle dar conta ao pleno da corporación municipal, o proceso fíxose as agachadas, sen lle dar publicidade e sen poñelo a exposición pública tal como indica a lei.

O portavoz municipal do BNG, indicou que “o proceso non é mais que un agasallo baixo corda de bens municipais a empresarios próximos ao PP, un escándalo que demostra unha vez máis o nivel de corruptelas que rodea dende fai nove anos a xestión do actual alcalde Carlos Martinez Carrillo”.

Por outra parte, o BNG considera que “este fraude necesitou da complicidade do propio secretario municipal que permitiu que o alcalde actuase como un particular favorecendo a empresarios do seu partido, sen advertirlle á corporación municipal desta grave anomalía”.