Caballero reforza as áreas de Urbanismo, Fomento e Economía no deseño do goberno de Vigo

Información
17 Junio 2019 1298 votos - Registrate para votar

Logo de terse constituída a nova Corporación o pasado sábado e ser elixido Abel Caballero por maioría absoluta, este luns o alcalde explicou a composición do seu goberno, que contará con catro tenentes de alcalde e áreas de peso coma Urbanismo, Fomento e Economía.


A actual presidenta da Deputación de Pontevedra en funcións, Carmela Silva, será novamente tenente de alcalde e responsable de Patrimonio Histórico, e Javier Pardo tamén repetirá nunha tenencia que aglutina as áreas de Fomento e Servizos, integrando agora os Limpeza, Transportes e Auga. As outras dúas Tenencias recaen en Elena Espinosa, tenente de alcalde de Economía e Seguridade, e en María José Caride, tenente de alcalde de Urbanismo e Territorio. 

A ex ministra Espinosa pilotará os departamentos de Réxime interior, Seguridade e Economía, e será responsable das relacións entre o goberno de Vigo e a industria e as empresas da cidade, segundo detallou Abel Caballero. María José Caride continuará á fronte de Urbanismo mentres que Abel Losada se fará cargo de Cultura, Emprego e Participación cidadá. Ana María Mejías, subdirectora da Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo, asumirá I+D e Dinamización administrativa, área de nova creación centrada na axilización da administración municipal. 

Carlos López Font será o voceiro do grupo de goberno, anunciou o alcalde, encargado en exclusiva a esta función e á coordinación do grupo, mentres que Jaime Aneiros repetirá na dirección de Facenda e Manel Fernández, en Deportes. Yolanda Aguiar será concelleira de Política social e Candidatura das Illas Cíes e Patricia Rodríguez, de Contratación, Patrimonio e Xestión municipal, mentres que Ángel Rivas encabezará os departamentos de Parques e Xardíns, Comercio e Festas especiais. 

Nuria Rodríguez asumirá Medio ambiente e Gorka Gómez, Xuventude e Educación, que pasan a formar parte do mesmo departamento. Uxía Blanco continúa en Igualdade e Normalización lingüística e María Lago será responsable de Festas e Turismo. 

Xunta de Goberno
Poñendo en valor a súa paridade, Abel Caballero revelou que a edil Yolanda Aguiar será a secretaria da Xunta de Goberno Local, presidida polo alcalde e composta polos catro tenentes de alcalde -Carmela Silva, María José Caride, Elena Espinosa e Javier Pardo-, Carlos Font, Abel Losada, Jaime Aneiros e Patricia Rodríguez. A primeira sesión tivo lugar este mesmo luns ás 13 horas. 

Deputación
A actual presidenta da Deputación en funcións, Carmela Silva, repetirá no ente provincial e será proposta polo goberno vigués para volver a presidilo, segundo avanzou este luns Abel Caballero. Xunto a Silva, serán propostos como deputados os concelleiros vigueses Carlos L. Font, Santos Héctor Rodríguez, Isaura Abelairas, Ana Laura Iglesias e Gorka Gómez.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+