Información
Galicia

GONZALO CABALLERO: “SOMOS A BARREIRA DE DEFENSA DUN GALEGUISMO PROGRESISTA E COMPROMETIDO QUE PON AOS GALEGOS POR RIBA”

Información
18 Mayo 2019 207 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

DSC 0230O secretario xeral fai un chamamento á “mobilización masiva” no ecuador de campaña porque “as dereitas van tentar gañar en maio o que non gañaron en abril”

Betanzos, 17 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou este venres, Día das Letras Galegas, que “somos a barreira de defensa dun galeguismo progresista e comprometido que pon aos galegos e ás galegas por riba” fronte a “intereses espurios” e ao risco de “retroceso” que implican pactos como o da dereita coa ultradereita en Andalucía.

 

Poñen en risco os avances de Galicia para que a nosa lingua teña un uso con total normalidade e cooficialidade”, advertiu Gonzalo Caballero, antes de sinalar a Feijóo que tamén o noso autogoberno se vería comprometido por ese tipo de acordos do PP con forzas como Vox.

Por iso, xusto no ecuador da campaña, o líder dos socialistas galegos fixo un chamamento á “mobilización masiva” nestas eleccións municipais e a non confiarse polo “enorme éxito” que vaticinan as enquisas. “Porque o PP e todas as dereitas van tentar gañar en maio o que non gañaron en abril”, resaltou.

Fronte á euforia e á satisfacción anticipada, temos que ser cautos e pedir a cada galego que quere progreso e avance que hai que ir votar”, incidiu Gonzalo Caballero, consciente de que o PP quere “celebrar con Ciudadanos e Vox” nestes comicios municipais o que non puido celebrar nas xerais.

Así é que o máximo dirixente do PSdeG advertiu a “todo o progresismo galego” de que “ningún voto pode quedar na casa” porque o día 26 hai “un reto que esixe o compromiso de todos”. “Non hai nada feito”, recalcou, partidario de “non levar un susto” ao día seguinte das eleccións.

BETANZOS

No que atinxe a Betanzos, Gonzalo Caballero sinalou que a candidatura encabezada pola alcaldesa, María Barral, é “a mellor mostra de como facer política para a xente”.

María é a mellor alcaldesa que pode ter Betanzos”, engadiu, toda vez que se trata dunha muller “comprometida, con experiencia e co impulso de ter moitas ganas de traballar polo seu concello”.

Pola súa banda, a rexedora explicou que a súa “prioridade” son “as persoas”, e situou como “imprescindible” acadar neste mandato un centro de día comarcal.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+