Información
Galicia

DENUNCIA DOS DANOS SUFRIDOS POR ENTERRAMENTOS MEGALÍTICOS A CAUSA DUNHA CORTA DE EUCALIPTOS EN PADERNE

Información
14 Mayo 2019 2599 votos
5 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 Rating 100%

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal lamenta e denuncia publicamente os danos sufridos por varios enterramentos megalíticos que foron recentemente afectados por unha corta de eucaliptos nas parroquias de Adragonte e Vigo.

Estas mámoas, que se atopan sen catalogar e non aparecen polo tanto no PXOM municipal nin nos rexistros autonómicos, son as seguintes:

 

A Asociación Cultural Libre de Paderne Roxín Roxal lamenta e denuncia publicamente os danos sufridos por varios enterramentos megalíticos que foron recentemente afectados por unha corta de eucaliptos nas parroquias de Adragonte e Vigo.

Estas mámoas, que se atopan sen catalogar e non aparecen polo tanto no PXOM municipal nin nos rexistros autonómicos, son as seguintes:Porto dos Carros e Monte da Rampla 1 na parroquia de Santiago de Adragonte.

Nestes dous casos a corta de eucaliptos foi recente e produciu danos evidentes. A segunda destas mámoas xa se atopaba parcialmente destruída pola construción dunha estrada.Cal do Pico, xa na parroquia de San Xulián de Vigo, mais situada a poucos metros das anteriores.

Neste caso a corta non foi recente e novos eucaliptos están a medrar por riba dela.  Estes monumentos megalíticos, que foron descritos polo Grupo de Arqueoloxía Terra de Trasancos e dados a coñecer no Anuario Brigantino de 2015, atópanse nunha zona rica en xacementos, próxima ao impresionante núcleo de mámoas do Monte de San Antón, xa no termo municipal de Irixoa, co que fan conxunto.

Estas últimas mámoas, ao contrario que as de Paderne, atópanse coidadas e visibles nunha zona onde se combinan as explotacións forestais e gandeiras. A conservación e posta en valor dos monumentos megalíticos, á parte do seu valor histórico e identitario, débese converter nun recurso cultural de primeira orde nun concello onde a aposta polo sector turístico de calidade debe ser clave.

 Roxín Roxal dirixirase aos responsábeis autonómicos e municipais para que estes inestimables elementos patrimoniais sexan catalogados e postos en valor, co que se tratará de evitar o seu deterioro e se asegurará a súa conservación para as futuras xeracións. 

Atallo ao artigo do Anuario Brigantino 2015 Atallo ao artigo do Anuario Brigantino 2015 http://anuariobrigantino.betanzos.net/AB2015PDF/011_018_trasancos_paderne_mamoas_Anuario_Brigantino_2015.pdf)
Atallo á denuncia pública do feito na páxina web Historia de Galiciahttp://historiadegalicia.gal/2019/05/outro-enterramento-megalitico-afectado-por-unha-corta-de-eucaliptos-en-paderne/

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+