El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Galicia

LEVAN AO PARLAMENTO O VETO NA CRTVG Á CONCESIÓN DO PREMIO JOSÉ COUSO Á PLATAFORMA #DEFENDEAGALEGA

Información
26 Abril 2019 837 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


A Secretaria de Medios de Comunicación e alto cargo de confianza do PPdeG, na Xunta de Galicia, Mar Sánchez Sierra responsable dos medios públicos, non se pronuncia

Noela Blanco denuncia as ameazas de sanción aos profesionais da CRTVG que sigan os “venres negros” e que vistan prendas co lema da plataforma

Acusa á dirección do ente de agochar a condena á Valedora do Pobo por “arbitrariedade” e “desviación de poder”

Santiago de Compostela, 26 de abril de 19. A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control da CRTVG no Parlamento de Galicia, Noela Blanco, levou á sesión de hoxe unha pregunta oral par denunciar o veto da CRTVG á concesión do premio de xornalismo José Couso de Liberdade de Prensa á plataforma #DefendeAGalega. A responsable socialista denunciou a “situación de alarma” xerada pola dirección do ente pola parcialidade informativa e nula obxectividade a favor do PP.

A responsable socialista sinalou o traballo desta plataforma na defensa duns medios de comunicación “libres de manipulación, obxectivos e plurais”, que se ten enfrontado a unha continua “represión” dende a dirección do ente. O último exemplo, dixo, foi a supresión do informativo da concesión do dito premio, outorgado polo Colexio Profesional de Xornalista de Galicia e o Clube de Prensa de Ferrol.

Blanco acusou ao presidente da CRTVG de ter “agochado a nova, ordenando que se tire ao lixo a concesión do Premio José Couso, cando o ente sempre informou da concesión deste premio”. Esta situación exemplifica, dixo, “a parcialidade nas informacións, a nula obxectividade, a presenza dos conselleiros de Feijóo facendo publicidade e propaganda mentres o goberno de España só falta que lle poñan cornos e rabo para que pareza a reencarnación do demo”.

Represión

A responsable socialista denunciou a “represión” da dirección do ente contra os traballadores e traballadoras, que chegou a sancionar a un traballador con 9 días de suspensións e a ameazar con sancións contra aqueles que vistan de negro nos chamados “venres negros” cos que canalizan as súas denuncias ou amosen as camisetas co lema #DefendeAGalega. A dirección, sinala, chegou a anularlle unha entrevista á cantante galega Sés por levar esta mesma camiseta.

Blanco esixiulle ao presidente da CRTVG “deixe de intentar conter, castigar e perseguir aos que denuncian a inxerencia política de Feijóo nos medios de comunicación públicos galegos”. Advertiu que “o medo cambiou de bando” e que “os únicos que teñen medo son vostedes, cada vez que os chaman do gabinete de Feijóo para darlle ordes”.

A responsable socialista reclamoulle á dirección da canle que “deixen de responder ante Feijóo coma se fora o único accionista da CRTVG, e fágano ante os que son os seus donos e donas, que son os galegos e as galegas”.

Valedora do Pobo

A parlamentaria socialista acusou á dirección do ente de “agochar” a condena da Valedora do Pobo por “desviación de poder” e “arbitrariedade” logo de que o Tribunal Supremo ratificara a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia por preparar un cargo á medida da sobriña de Fraga e irmá do voceiro do PP”. Advertiu que a CRTVG “non cubriu a noticia coa importancia que merece” para evitar prexudicar ao partido de Feijóo.

Advertiu que a cobertura da sentenza contra a Valedora foi apartada nos informativos co único obxectivo de “manipular a información co obxectivo de tapar as vergoñas do PP con publicidade e propaganda engañosa da Xunta”.

Sinalou que “a CRTVG foi o único medio que non destacou este tema, poñendo en titulares ao heroe Feijóo combatendo ao vilán Sánchez antes que á oposición pedindo á dimisión da Valedora”. Blanco advertiu que “o tema foi baixando na escaleta dos titulares día a día” e, sinalou, que “só se cubriu á valedora xustificándose, ignorando a postura dos voceiros da oposición parlamentaria.”

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+