Gómez Reino: “Galicia podería enfrontar mellor esta crise se Feijóo non tivera recortado un 21% o investimento en Atención Primaria”

Información
02 Abril 2020 2523 votos - Registrate para votar

  1. Eva Solla lembra as reiteradas protestas cidadás en defensa da sanidade pública e Martiño Noriega pide a Feijóo que deixe de pensar “na propaganda dos hospitais de campaña”


Audio: https://i.gal/YU5fi

Compostela, 2 de abril de 2020. O portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, reiterou a necesidade de que a Xunta dedique todo o esforzo investidor necesario para reforzar o sistema público de saúde, e insistiu en que se os hospitais galegos acaban colapsando pola epidemia de Covid-19 “boa parte da responsabilidade será de Feijóo, que leva anos recortando o orzamento sanitario”.



Gómez Reino advertiu que as rebaixas sostidas no investimento en sanidade en Galicia durante os mandatos do Partido Popular supuxeron unha perda millonaria para o sistema, e lembrou que eses recortes “provocaron unha depauperación progresiva da sanidade pública”.

“Galicia podería enfrontarse a esta crise con moitas máis garantías se Feijóo non tivera recortado un 21% o orzamento sanitario para Atención Primaria”, afirmou o portavoz da coalición, para lembrar que os recortes tamén afectaron á oferta de camas hospitalarias.”En Galicia había 10.434 camas cando Feijóo accedeu á Xunta. Hoxe son 900 menos, é dicir un recorte do 8,6%.” Se no 2009 a oferta hospitalaria era de 3,53 camas por cada mil habitantes, hoxe non chega ás 3,14, a terceira peor cifra de todo o Estado.

Nese sentido, Eva Solla lembrou que os profesionais e usarios da sanidade galega levan anos denunciando os recortes. ”Neste decenio de Feijóo, a sanidade pública galega mantivo varias folgas: na atención primaria e nos puntos de atención continuada (PACs), contra a amortización de prazas, polas deficiencias no 061... E agora enfrontamos unha situación de crise na que a sanidade pública ten que xestionar e facer fronte ás graves consecuencias e deficiencias que provocaron os recortes, e que afectan en definitiva á calidade da atención da nosa saúde" dixo .

Pola súa banda, Martiño Noriega incidíu en que a defensa da atención primaria "e protestar contra o seu deterioro foi a principal motivación da última multitudinaria manifestación en defensa da sanidade pública en Galicia, o pasado 9 de febreiro”. “Por desgraza, é en momentos de crise como o actual cando nos damos conta con toda a súa crueza, do que significaron as políticas austericidas da década negra de Feijóo, co peche de numerosos servizos sanitarios, co ocultamento das listas de espera e cunha precariedade laboral do persoal sanitario que é insoportable".

Noriega quixo resaltar o traballo que desde a atención primaria se leva adiante "non só no combate desta pandemia do coronavirus, senón para previr calquera tipo de doenza", defendendo este servizo "como o piar do noso sistema de saúde público porque é o máis próximo á cidadanía e o mais efectivo".

É por isto que "non se entende que Feijóo continúe a insistir nos seu enfraquecemento, facendo o contrario do que debería facer: dotar de recursos á atención primaria, non retirar os residentes estas semanas, organizar e coordinar mellor o servizo, derivarlle o seguimento e control domiciliario dos doentes de coronavirus mediante o programa Telea, entre outras medidas, e deixar de pensar na propaganda dos hospitais de campaña".

Nesta liña, Noriega secundou as afirmacións da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (Agamfec), que vén de advertir que "se a atención primaria non asume o seu protagonismo na crise do coronavirus, o sistema sanitario poderá colapsar antes do previsto".

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+