El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Sergas

Gómez Reino: “Se o Covid-19 colapsa os hospitais galegos será a consecuencia de once anos seguidos dos recortes de Feijóo en sanidade”

Información
Xunta de Galicia 01 Abril 2020 558 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Galicia en Común-Anova Mareas lembra que dende a chegada do PP á Xunta no 2009, o orzamento sanitario recortouse en máis dun 4% e o número de camas hospitalarias caeu case un 9%

Martiño Noriega e Eva Solla esixen “a utilización de todos os recursos sanitarios privados e públicos que garanten as medidas de hixiene e salubridade antes de enviar ás persoas doentes a hospitais de campaña”

AUDIO: https://i.gal/74V2W

Compostela, 1 de abril do 2020.- O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas, Antón Gómez Reino, instou hoxe á Xunta a reforzar os medios do sistema público de saúde para a loita contra a epidemia de Covid-19, e sinalou que se os hospitais galegos acaban colapsando pola xestión da epidemia “será tamén a consecuencia de once anos consecutivos de recortes de Feijóo no orzamento de sanidade”.



Gómez Reino lembrou que o gasto da Xunta en sanidade no ano 2009, segundo datos oficiais, foi de 3.767 millóns de euros, cantidade que, aplicando o incremento dos prezos dende esa data, ascendería hoxe a 4.287 millóns de euros.

”É dicir, un 4,2% menos en once anos”, dixo. “Se no canto de aplicar recortes ano tras ano se tivera reforzado o sistema sanitario con máis investimentos, os hospitais galegos estarían hoxe nunha situación moito máis óptima para enfrontar esta crise”.

O voceiro de Galicia en Común-Anova Mareas indicou que nos once anos de Goberno do PP, os recortes non só supuxeron un considerable descenso na calidade asistencial, unha notable precarización das condicións laborais do persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) e un incremento das listas de agarda. Tamén supuxo unha rebaixa considerable nos medios técnicos e humanos dispoñibles.

“Pecháronse plantas enteiras de hospitais e centros de saúde, elimináronse prestacións e especialidades e nin sequera se cubríron as prazas de médicos e profesionais de enfermería. Hoxe hai un 8,6% menos de camas hospitalarias das que había en Galicia cando Feijóo chegou ao Goberno”, lembrou.

Segundo o informe Os Servizos Sanitarios nas Comunidades Autónomas da Federación de Asociacións para a Defensa da Sanidade Pública, Galicia conta apenas conta con 1,78 médicos especialistas por cada mil habitantes, una cifra que en Atención Primaria nin tan sequera alcanza os 0,78 médicos e os profesionais de enfermería por cada mil habitantes.

Gómez Reino tamén sinalou que, en paralelo a esa depauperización da sanidade pública, produciuse un paulatino proceso de privatización “que supuxo converter nun negocio a saúde dos galegos”. “Non é de estrañar que o maior hospital privado de España, Povisa, estea en Galicia, onde nestes últimos anos desembarcaron as grandes multinacionais da sanidade privada que se nutren en boa parte do orzamento público”.

“Insistimos en que antes de enviar doentes do Covid-19 a instalacións deportivas ou feiras de mostras, Feijóo debería reforzar a sanidade pública porque só imos saír desta crise desde unha concepción do público como garantía da nosa estrutura social”, concluíu.

Nesa liña, Martiño Noriega apuntou que no caso concreto de Santiago “cónstanos que non hai saturación nin no Clínico nin no Provincial de Conxo, e descoñecemos se a Xunta tén previsto utilizar o hospital Gil Casares”.

No caso concreto deste centro, moi próximo ao propio Hospital Clínico, Noriega lembrou que ”ata finais de 2019 acollía a Unidade de Paliativos que foi trasladada ao Provincial de Conxo, e que chegou a ter 35 camas”. Xa que logo, insiste Noriega, “falamos dun centro que está preparado para acoller enfermos e enfermas, nunhas condicións moito máis dignas que calquera polideportivo”.

“É incomprensible que o presidente da Xunta non bote man das preto de 120 camas que suman os hospitais da Rosaleda e da Esperanza, xestionados ambos pola empresa HM e que só teñen a 9 persoas ingresadas con coronavirus, e insista en instalar entre 100 e 150 camas no pavillón de Sar”.

Neste mesmo sentido se pronunciou Eva Solla. "Esiximos a utilización de todos os recursos sanitarios privados e públicos que garanten as medidas de hixiene e salubridade antes de enviar ás persoas doentes a hospitais de campaña. No noso país dispoñemos de instalacións que deben estar a disposión para frear esta pandemia".

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+