Esixen ao Sergas a maior transparencia na xestión do proceso do coronavirus

Información
08 Marzo 2020 3353 votos - Registrate para votar

A CIG-Saúde vén de demandar do SERGAS a maior transparencia posíbel na xestión do proceso de coronavirus. Demanda, para iso, información e formación para todo o persoal do sistema sanitario galego e a dotación de EPIs (equipos de protección individual) que sexa necesaria.

A CIG-Saúde salienta que o persoal do SERGAS está actuando, tal e como se caracterizou sempre, coa maior profesionalidade, cumprindo as indicacións das/os expertas/os para manterse en situación de activo e poder dar a asistencia que se requira.

 

Indica que, como o resto de persoas, xa hai traballadoras/es en illamento preventivo, polo tanto en situación de incapacidade laboral. Por iso exixe que esta incapacidade laboral “teña a consideración de continxencia profesional a todos os efectos, desde o inicio do período de observación”.

Do mesmo xeito demanda que naquelas/es traballadoras/es que resulten afectados, a situación de incapacidade “teña a consideración de enfermidade profesional”.

Retribucións íntegras

Ademais demanda tamén do SERGAS que todo o persoal afectado perciba integras as súas retribucións. “Estamos a falar das retribucións correspondentes á atención continuada: noites, domingos días feriados e gardas, que só se perciben se hai unha prestación efectiva das mesmas”, matiza a secretaria nacional, María Xosé Abuín.

A CIG-Saúde exixe que o persoal contratado que estea en illamento, e que cese no contrato, manteña a consideración de situación en activo, a todos os seus efectos: cómputo de servizos prestados.

Agarda que o SERGAS e a Consellaría de Sanidade, recoñezan o esforzo das/os profesionais, faciliten o seu traballo e, polo tanto, non penalicen as situacións de incapacidade laboral.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+