Morre un doente nunha ambulancia que desde Chantada, situada a 40 quilómetros de Lalin polo que tardo 36 minutos en chegar, mentre Mar Sánchez Sierra dilapida o diñeiro público en corromper a prensa galega

Información
Sergas | 03 Marzo 2020 | 4737 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

Ante a noticia do falecemento dun paciente o pasado luns no Punto de Atención Continuada (PAC)  de Lalín  onde foi trasladado por unha ambulancia de 061  desprazada desde Chantada, situada a 40 quilómetros de  Lalin polo que tardo 36 minutos en chegar desde a Asociación  Galega para a Defensa dá  Sanidade Pública queremos comunicar que:

 

1.- Este enorme atraso esta directamente relacionado con que no momento da chamada xa non estaba en funcionamento o vehículo de apoio do 061 para a zona, e as dúas ambulancias que prestan servizo na comarca (en Lalín e Silleda) estaban a trasladar a pacientes ao Hospital de Santiago.  Castasós parroquia de residencia do falecido, esta tan só a 5 quilómetros este centro de saúde.

2.- Desde a Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública, a Plataforma SOS, os traballadores de urxencias, sindicatos e grupos parlamentarios,  levamos anos denunciando e advertindo dos riscos de recortar os servizos de ambulancias, tanto en número como no persoal das mesmas,  en todas as áreas sanitarias de Galicia. O ano pasado faleceu outro paciente en Dozón (Pontevedra) tras tardar 45 minutos en chegar unha ambulancia. A falta de ambulancias e as grandes distancias das bases  (neste caso  en  Silleda ou Lalín), impediu a este servizo cumprir cos 20 minutos de espera.

3.- Reiteramos unha vez máis a denuncia da política da Xunta de contratar os servizos de ambulancias con empresas de transporte privado que, en ocasións, incumpren a normativa sobre a dotacións de ambulancias.

 

O goberno de Feijoo Pago 19,1 millóns anuais  de euros en concertos en trasporte de ambulancias hospitalarios e 58,6 en ambulancias do 061 (77,7 millóns ao ano) , un regalo ao sector privado que como vemos presta un servizo ineficiente,  de baixa calidade e que explota a os seus traballadores. 

4.- Consideramos urxente e necesario repoñer os recortes neste servizos e poñer en marcha ou a política de planificación de centros sanitarios, servizos de urxencias e ambulancias do sistema sanitario público,  que garantan a accesibilidade da poboación á atención sanitaria.

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública 

EN ESTO DILAPIDA EL DINERO PÚBLICO LA ASESORA DEL PPDEG EN LA XUNTA MAR SÁNCHEZ SIERRA QUE RECORTA DE LOS SERVICIOS DE URGENCIA QUE SE SUMAN A LOS DE VERIN