Gómez-Reino: “O mellor para a sanidade pública galega é que Feijóo deixe de ser presidente da Xunta”

Información
09 Febrero 2020 4451 votos - Registrate para votar

Milleiros de persoas asistiron hoxe en Compostela a unha masiva manifestación en defensa da Sanidade Pública galega e contra os recortes e a privatizaciónAudio: https://bit.ly/3bmai7v

O voceiro de Galicia en Común no Congreso, Antón Gómez-Reino, sumouse hoxe á manifestación convocada pola Plataforma SOS Sanidade Pública ante “os recortes e a política de desmantelamento de Núñez Feijóo. Vímolo recentemente coa resposta masiva por parte, por exemplo, da veciñanza de Verín que coas súas protestas conseguiu que se reabrise o paridoiro da localidade”. Unha situación de recortes que se da tamén noutras zonas como Ferrolterra ou na localidade de Valeixe, na Cañiza, o que amosa “a nula preocupación do PP e absoluta neglixencia e falta de xestión para dotar de recursos á nosa sanidade pública, sobre todo nas zonas rurais do país”.Por iso na xornada de hoxe foron milleiros as persoas que sairon ás rúas de Compostela para berrar alto e claro que a sanidade é un dereito. A política sanitaria de Feijóo caracterízase polos recortes na Atención Primaria, o desmantelamento dos hospitais comarcais, a privatización en casos como o de Povisa, en Vigo, ou a falta de recursos humanos, que se suman á precariedade do persoal que traballa na sanidade pública galega. Así, Gómez-Reino quixo amosar o seu apoio “a tantos profesionais da sanidade pública galega que día tras día e en condicións precarias traballan por todos e todas nós. Hoxe é de xustiza que esteamos aquí para coidar de quen nos coida e para dicir alto e claro que os recortes en sanidade matan”. Nese sentido o noso voceiro engadiu que "estamos con milleiros de persoas defendendo a sanidade pública galega, que é un dos maiores bens comúns que temos e debemos tamén parabenizar ás plataformas da sociedadade civil que levan tanto tempo traballado por construír unha mobilización masiva que di alto e claro que a sanidade pública se defende". Gómez-Reino sinalou que “Feijóo é tamén responsable de facer electoralismo vergoñento co Hospital da Coruña e tamén dos recortes e da privatización da nosa sanidade”. Tamén no que ten que ver, non só coa atención primaria senón coa saúde mental xa que Galicia leva 9 anos sen un plan de saúde mental que responda as necesidades do noso pobo, como son problemas relacionados coa sanidade, a depresión ou os suicidios. Ademais Gómez-Reino sinalou que "é imprescindible denunciar que Feijóo é o maior problema que ten a sanidade pública galega. É o maior inimigo da nosa sanidade. É o resposanble dos recortes de persoal e recursos". 

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+