Denuncian en Bruxelas o grave deterioro que sufre a sanidade pública galega orquestada por o Goberno de Feijóo

Información
07 Febrero 2020 2062 votos - Registrate para votar

Sira Rego e Manuel MartinOs eurodeputados Sira Rego e Manu Pineda apuntan que as medidas que están a por en marcha dende o Goberno de Feijóo vulneran a Carta dos dereitos Fundamentais da Unión Europea e piden ao Executivo Comunitario que medie para garantir o acceso a uns servizos públicos de calidade.

Compostela, 7 de febreiro de 2020. Os eurodeputados de Unidas Podemos por Izquierda Unida, Sira Rego e Manu Pineda, denunciaron ante a Comisión Europea o grave deterioro que está a sufrir a sanidade pública de Galicia por mor dos recortes e as privatizacións impulsadas pola Xunta. Ambos consideran que estas medidas poden estar a vulnerar a carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea e, por iso, solicitaron ao Executivo comunitario que medie co Goberno de Alberto Núñez Feijóo, para que as galegas e galegos teñan garantido o acceso a este servizo público esencial.

 

Nunha pregunta parlamentaria, Rego e Pineda destacan que “o deterioro da Sanidade Pública en Galicia” está motivado fundamentalmente “polas políticas de recortes e privatizacións” postas en marcha na última década pola Xunta de Feijóo. Isto provoca que “a equidade no acceso” aos servizos sanitarios a todos niveis das zonas rurais galegas non estea garantida. Unha equidade que se ve reflectida na Carta dos Dereitos Fundamentais da UE nos artigos 21 e 35, referentes á non discriminación e á protección da saúde.

É unha situación que “afecta á atención primaria nos centros de saúde pola falta de cobertura de profesionais, especialmente de pediatría, pero tamén aos hospitais comarcais, como é o caso do Hospital Comarcal do Barco de Valdeorras, ou do Hospital Comarcal de Verín; obxecto este último do peche do seu servizo de paridoiro e de urxencias pediátricas”.

Pineda e Rego piden á Comisión Europea na súa pregunta que valore e analice se se están vulnerando eses dereitos fundamentais e, ademais, apelan ao principio de subsidiariade da UE para solicitar ao Executivo Comunitario que interceda e “abra un proceso de diálogo” coa Xunta para que se garanta o seu cumprimento.

Eva Solla e Manuel Martín, en Bruxelas

A coordinadora de Esquerda Unida, Eva Solla, estivo precisamente en Bruxelas o xoves participando nunha conferencia sobre a degradación das condicións laborais do persoal sanitario en distintos países de Europa. E xunto a Manuel Martín, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, tiveron a oportunidade de explicar a representantes sindicais, traballadores e eurodeputados de distintos partidos da esquerda europea a realidade que se vive en Galicia e como se está vertebrando o movemento de loita en defensa da Sanidade.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+