Información
Sergas

O PPdeG utilizando o Sergas deixa "colgados sin preaviso" sevizos na quenda de tarde no Centro de Saúde de Foz

Información
Xunta de Galicia 02 Noviembre 2019 1128 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1


CIG-Saúde da Mariña recibiu diversas queixas de pacientes que tiñan cita para fisioterapia na tarde deste xoves pero que se atoparon con que non había fisioterapeuta. Para a central sindical esta situación débese a "unha mala planificación intencionada de quen dirixe a nosa sanidade, provocando desprazamentos innecesarios e malestar entre as persoas afectadas".

 

Dende a CIG-Saúde subliñan que a ausencia de fisioterapeuta "non xurde dun imprevisto", senón que trata "dunha ausencia programada con antelación que o SERGAS decidiu non cubrir, o que supón unha falta de respecto ás e aos pacientes afectados de Mondoñedo e Lourenzá, mais tamén aos profesionais de fisioterapia que cumpren un papel esencial e imprescindíbel no ámbito sanitario, ao impidir unha continuidade nos coidados simplemente para aforrar cartos en recursos humanos", explican.

Neste senso, lembran que Rehabilitación e Fisioterapia é un servizo estruturalmente deficitario na Mariña, que soporta longas listas de agarda.

A CIG propuxo en febreiro un plan para a mellora do servizo

Por esta razón, a CIG-Saúde da Mariña esixiu xa en febreiro de 2019 a posta en marcha dun plan urxente de mellora da Rehabilitación e Fisioterapia  no que forumulada (entre outros puntos) dotar o Centro de Saúde de Foz con 2 fisioterapeutas en quenda de mañá e outras 2 en quenda de tarde e habilitar o de Mondoñedo tanto na mañá como na tarde, actualmente pechado e sen material, sendo os/as pacientes de Mondoñedo e Lourenzá derivados/as a Foz en quenda de tarde. Unha propostas que o SERGAS rexeitou.

 O sindicato nacionalista galego esixe ao SERGAS a cobertura de todas as ausencias programadas ou urxentes para garantir unha continuidade nos coidados, evitar desprazamentos innecesarios e un plan mellora da Atención Primaria "que pase das boas palabras aos feitos".

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+