Información
Sergas

Tras analizar os orzamentos sanitarios de Galicia desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública, queremos denunciar que:

Información
Xunta de Galicia 01 Noviembre 2019 555 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

1.- Contrariamente ao que afirma o Conselleiro de Sanidade o gasto en Atención Primaria non supón en 32,3% do gasto total, senón que é unicamente o 13,2% do mesmo. Esto mostra o escaso valor que esta administración outorga ao nival máis importante para o sistema sanitario, que resolve máis do 80% dos problemas de saúde e que é o responsable da Promoción e a prevención de saúde. As mentiras da Consellaría de Sanidade e do Sr. Feijoo, son evidentes, ata cos seus dados.

 

2.- O crecemento do gasto en AP no ano 2020, respecto do 2019 foi de 44 millóns (8,3%). Mantendo esta tendencia, tardaríamos máis de 15 anos en alcanzar o 25% do gasto sanitario total. No ano 2009, o orzamento da AP era de 1.436.746.424 de euros. No 2020, será de 1.294.750.665: esto xa o dí todo: 141.995.759 de euros MENOS!

3.-  As diferenzas no gasto de persoal son aínda máis importantes e discriminatorias con respecto a Atención Primaria: mentres o gasto sanitario hospitalario representa o 66,4% do gasto total: acapara o 71,6% no capítulo de persoal, fronte ao 28,4% do de Atención Primaria. Este desequilibrio explica o deterioro dos centros de saúde e o malestar de gran parte dos traballadores dos mesmos.

4.- A aposta por unha negociación para o cambio e mellora da Atención Priomaria de boa parte das organizacións dos Equipos de Atención Primaria e dos sindicatos de clase, deberá ser correspondida por un cambio radical na actitude da administración sanitaria, que non se reflicte para nada na proposta recollida nestes orzamentos.

5.- Cremos necesario que o SERGAS se comprometa en facer un gran esforzo para poñer na negociación actual, a través do consello técnico de AP de Galicia: ampliar os profesionais de persoal médico, de enfermaría, administrativo e sobre todo de novos profesionais (psicoloxía, fisioterapia, traballo social, logopedia ou farmacia clínica:  a AP precisa profundos cambios organizativos e funcionais, un importante incremento de recursos humanos, materiais e orzamentarios, para facer fronte á masificación, ós atrasos na atención, a deterioración da calidade, resolver as demandas da poboación con criterios de racionalidade evitando mais  medicalización e iatroxenia.

De non ser así a reposta profesional, sindical e cidadá pode alcanzar cotas non  vistas ata o de agora.

A man segue tendida, pero ten que haber unha pronta resposta

Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+