A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere denunciar a compra dos hospitais privados (que reciben fondos públicos mediantes concertos) galegos polas grandes corporacions sanitarias

Información
25 Octubre 2019 3382 votos - Registrate para votar

Os grandes grupos hospitalarios, algúns vinculados a fondos de investimento ou a multinacionais alemás ou estadounidenses, están a se apoderar da sanidade privada galega cunha agresiva política de compras de hospitais tradicionais. Estes grupos aprovéitanse así das grandes oportunidades de negocio da política de Núñez Feijoo de potenciar a colaboración público-privada en asistencia sanitaria.

 

Poderíase pensar que como son adquisicións de centros privados isto non terá repercusión para a Sanidade Pública. Pero estes hospitais viven esencialmente do diñeiro público a través dos concertos para reducir listas de espera cirúrxicas, consultas e probas diagnosticas, ou do Concerto Singular para prestar atención hospitalaria a 140.000 habitantes.

O grupo HM Hospitais (que se dedica ao cancro e a ensaios clínicos con centos de pacientes) posúe xa 2 centros en Santiago ( A Rosaleda e A Esperanza) e un na Coruña (Modelo) e outro en Vigo; Quirón o Sanatorio Domínguez en Pontevedra e Santa Teresa da Coruña e Vithas (da farmacéutica Almirall e A Caixa) o Sanatorio Fátima de Vigo outro centro de Vigo.

O ultimo pelotazo foi a compra, polo irrisorio prezo de 24 millóns de euros, do Hospital Povisa de Vigo (que recibe máis de 80 millóns de euros anuais da Xunta de Galicia). Por semellante prezo o SERGAS podería compralo recorrendo ao seu Fondo de Continxencia que supera os 75 millóns.

A beneficiaria da ganga é a Aseguradora Nortemerica Centene (dona de Ribeira Saúde). Todo o mundo sabe (polo cinema e series USA) como llas gastan estas empresas sanitaria norteamericanas, e é de supoñer que para acabar coas perdidas, que declara POVISA (que a levaron recentemente a ameazar con Suspensión de Pagos) en canto peche o contrato, se o autoriza a Comisión Nacional da Competencia) aplicase a receita dos fondos voitres: Recortar persoais e reducir prestacións sanitarias á poboación de Cangas, Moaña, Val Miñor e Polígono de Coia en Vigo (o que agravará os problemas do centro que dispón dun 30% menos persoal por cama e especialidades).

POVISA chantaxeo durante anos ao SERGAS con ameazas de despedimentos ou peches, condicionou o pleno desenvolvemento do Hospital do Meixueiro e logrou recortar 400 camas do Álvaro Cunqueiro, pero estes non é nada comparado co poder Centene que chego a recorrer ao embaixador Norteamericano para evitar a versión do hospital de Alzira (da súa propiedade á Sanidade Públioca Valenciana).

Calar fronte isto sen esixir que a Xunta exerza a súa capacidade de compra en base ao intereses xeral, supoñería unha traizón a Galicia e á saúde da súa poboación e poñería en risco os postos de traballo e a atención de boa parte da poboación da área de Vigo.

Non podemos admitir  o silencio dos cordeiros.

Asociación Galega para a Defensa da  Sanidade Pública

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+