Información
Sergas

O Goberno de Feijóo ( PPdeG) segue a sumar mortos por non ser atendidos ante a falta de recursos no Sergas según @prazapublica

Información
Xunta de Galicia 19 Octubre 2019 1693 votos

Unha ambulancia do 061 tardou "46 minutos" en dar asistencia a un home que faleceu na madrugada do pasado domingo no campo da festa da parroquia do Sisto, en Dozón (Pontevedra). Así o admite o servizo de Urxencias Médicas de Galicia logo de que Europa Press citase fontes do mesmo 061 o pasado luns. 

Unha ambulancia do 061 tardou máis de tres cuartos de hora en dar asistencia a un  home que acabaría falecendo nunha parroquia de Dozón

 

É a segunda morte dun paciente sen asistencia médica ou por atraso na súa asistencia en menos de dous anos, o que volve poñer o foco na falta de recursos na sanidade galega que denuncian colectivos sanitarios, sindicatos e oposición. 

En agosto de 2018, un paciente que acudira ao PAC da Estrada para ser atendido dunha indisposición morreu sen recibir atención médica porque o único equipo médico dispoñible ese día nese centro de saúde tivera que saír para atender outra emerxencia.O propio Sergas admitiu  os feitos que logo corroborou o propio Feijóo. 

Desta vez, segundo o relato, a central de coordinación do servizo de urxencias recibiu unha chamada ás 3:19 horas do pasado domingo advertindo dunha persoa mareada e con "posible intoxicación etílica". Logo de se coordinar a resposta por un médico do 061, un cuarto de hora despois recibiuse outro aviso que alertaba de que a persoa estaba xa "inconsciente". A ambulancia chegou ao lugar 46 minutos despois da primeira chamada debido, segundo estas fontes, a que os outros dous vehículos de asistencia sanitaria dispoñibles na zona estan nese momento atendendo outras emerxencias

A ambulancia con base en Lalín trasladaba unha persoa ao hospital de Santiago por unha cardiopatía, mentres que a de Silleda atendía unha emerxencia no PAC da localidade. En ambos casos eran emerxencias con perigo de morte para os doentes. 

A ambulancia chegou 46 minutos tarde desde a primeira chamada porque as outras dúas dispoñibles na zona estaban a atender outras emerxencias

Finalmente, a ambulancia con base en Silleda, medicalizada co equipo sanitario do PAC de Lalín, acudiu á parroquia de Dozón. O persoal sanitario practicou manobras de reanimación cardiopulmonar ao paciente pero só se puido confirmar o seu falecemento.

Preguntados por este diario, nin o Sergas nin a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia responderon aínda ás cuestións sobre o acontecido. 

Os grupos da oposición esixiron a comparecencia urxente do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para que dese explicacións sobre o ocorrido. Lembran que o caso pode ser outro de "consecuencias fatais por insuficiencia de recursos". O BNG recordou que na zona afectada hai "tres ambulancias para cubrir 1.700 quilómetros cadrados de superficie e unha poboación moi dispersa"

PUBLICIDADE
 

Pero o PP vetou a comparecencia ao considerar que "é precipitado" por ser  un suceso rexitrado hai só catro días. "A Xunta analizará as circunstancias e cando teña a información trasladaraa á Cámara", dixo tras as críticas da oposición por non darse "explicacións" sobre un suceso "gravísimo" que atribúen á "falta de recursos do Sergas". 

"A Xunta tería que ser a primeira interesada en tratar estes asuntos doutra maneira", asegurou o portavoz socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que pediu "máxima transparencia" ante casos que, cre, "son evitables". 

O PP vetou a comparecencia do conselleiro de Sanidade solicitada pola oposición, que cualifica de "indigno" o Goberno galego e critica a "falta de recursos"

Manuel Lago, de Común da Esquerda, cualificou de "indigno" e "covarde" ao Goberno galego, ao tempo que Olalla Rodil aseguraba que o caso de Dozón era o reflexo das "consecuencias dramáticas e dolorosas" que provoca a "falta de recursos" na sanidade publica. "Por que tardan 46 minutos en atender unha emerxencia? Porque hai unha grave merma de dotación de recursos", insistiu a deputada nacionalista. 

Desde o Grupo Mixto, Luís Villares, que pediu "claridade" sobre as "causas" e que se "extraian concusións". O popular Pedro Puy, pola contra, criticou a oposición por usar "desgraciados acontecementos" para "facer política".

Os sindicatos, pola súa banda, advirten tamén da "falta de recursos e medios" como causa de que a ambulancia tardase máis de tres cuartos de hora en chegar a esa parroquia de Dozón. Tanto CIG como CSIF e UGT insisten na escaseza de vehículos de asistencia sanitaria en áreas tan grandes e piden "ampliar" os efectivos e ter "máis dispoñibilidade". 

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+