Información
Xunta de Galicia

Denuncian ao PPdeG de boicotear a creación dunha Comisión de investigación dos sistema sanitario galego orquestado por Feijóo

Información
02 Noviembre 2018 4340 votos

A Plataforma SOS  Sanidade Pública de Galicia quere manifestar a súa indignación e rexeitamento da decisión do Grupo Parlamentario Popular de boicotear a creación dunha Comisión de investigación para determinar as consecuencias dos recortes e privatización do sistema sanitario galego (2009-2018).

1.- O grupo popular pretende limitar as áreas de investigación e o número de comparecentes propostos polos tres grupos da oposición.

 

2.- Esta actitude pon de manifesto o carácter antidemocrático do Partido Popular e a inutilidade dos procedementos de control do propio parlamento. O PP, abusando da súa maioría absoluta, pretende eliminar a única oportunidade dos grupos da oposición (que representan á metade da poboación galega), de promover unha Comisión de Investigación na actual lexislatura.

3.- O Partido Popular pretende así paralizar unha Comisión destinada a investigar (coa participación da cidadanía) as consecuencias da política da actual Xunta de Galicia de desmantelamento do sistema sanitario público (hospitais, centros de saúde, urxencias extrahospitalarias ou o sufrimento dos enfermos con Hepatites C).

4.- Semellante decisión mostra o temor (pánico) de Núñez Feijoo e do seu goberno por que a cidadanía galega coñeza quen está detrás destas políticas, que grupos e empresas se benefician da privatización e que consecuencias teñen para a saúde da poboación (como enfermos de Hepatites C ou pacientes que precisan un atención de  urxencias).

5. A restrición de comparecencias que pretende facer o PP desacredita a actitude inicial de Feijoo cando dicía que comparecería ‘para defender aos traballadores do SERGAS . O sistema sanitario público é un ben social fundamental da sociedade galega. É noso, da cidadanía galega, non de Feijoo. Non se admiten falsedades. Os galegos non merecemos este desprezo do Partido Popular. Esiximos unha Comisión de Investigación seria na que se permitan expresar os problemas reais do SERGAS, na que poidan comparecer todas as persoas elixidas pola oposición, os tres partidos políticos que obrigaron á creación desta investigación.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+