Información
Xunta de Galicia

Denuncian o abusivo peche de camas previsto para o verán orquestado polo goberno do PPdeG na Xunta e así favorecer a sanidade privada.

Información
11 Junio 2019 1900 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A CIG-Saúde de Compostela vén de amosar a súa indignación polo intento da Xerencia de intentar normalizar o que cualifican como “peche abusivo de camas”durante o período estival, alegando un descenso na actividade asistencial, falta de persoal para substitucións e a necesidade de acometer obras de acondicionamento. Un argumentario que consideran “absurdo” e inexacto.

Fronte a isto, a CIG-Saúde afirma que durante o período estival non pode diminuír a actividade asistencial porque “as poboacións das zonas de costa, como mínimo, se duplican nesa época e os pobos de interior tamén se enchen cos centos de persoas que veñen de fora, os e as emigrantes”.

 

En todo caso, asegura que as persoas “tamén enfermamos no verán” e considera que non se está a facer unha xestión eficiente e eficaz, “paralizando as listas de espera en verán, para baixalas despois traballando de sol a sol, no último trimestre do ano, facendo ‘peonadas’ e pagando horas extra”.

Atención os 365 días do ano

CIG-Saúde de Compostela, defende unha xestión sanitaria continuada durante 365 días o ano, baseada nunha atención de calidade e centrada no/a paciente. Considera que non se pode deixar aos hospitais a medio gas, xa que iso implica un incremento de traballo tanto en atención primaria coma en PAC.

“A maiores esta Xerencia, parchea a falta de profesionais médicos, inventando un sistema destrutivo cunhas lista de voluntariado para gardas médicas localizadas, que sobrecargan aos traballadores/as, ao tempo que os afasta dunha calidade asistencial, de quendas legais e contratos estables que permitan aos mesmos traballar nun ambiente positivo e conciliar vida familiar e profesional”, denuncian.

Camas, quirófanos e plantas pechadas

Pechar de golpe 7 dos 15 quirófanos do Clínico, dicindo que hai que facer reformas, “é unha moi mala desculpa para pechar camas”, aseguran. Incidir no feito de que uns 12 quirófanos dos 3 hospitais, estarán certamente, non operativos, xa que unha vez se inicien esas reformas, a súa apertura, para evitar problemas de contaminación, nin poderá improvisarse nin facerse nunha hora, así que no caso de precisárense, eficientemente, para iso si, a Xerencia, derivará ás e aos doentes os hospitais privados da cidade.

Para CIG-Saúde de Compostela, máis unha vez o peche de plantas e quirófanos en verán nin é unha xestión eficaz, nin eficiente, tanto en canto vai en detrimento da calidade asistencial que defendemos. “E logo dirán novamente que o primeiro e o máis importante é o paciente. Mentira!”.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+