Información
Portada

O cociñeiro Álvaro Fuentes do restaurante Meloxeira será o encargado de presentar A Festa do Marisco en Dublín

Información
25 Mayo 2018 2905 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O vindeiro 13 de xuño terá lugar en Dublín a presentación da Festa do Marisco 2018. O evento celebrarse nesta cidade que conta con conexión aérea directa dende Galicia e contando coa colaboración de Turespaña que se ten encargado de tramitar o convite do acto. No mesmo participarán ata 40 medios de comunicación e contará coa correspondente presentación institucional por parte do Alcalde do Grove e a Concelleira de Turismo e unha posterior mostra de cociña en vivo. O encargado este ano de exercer como embaixador da cociña meca será o cociñeiro Álvaro Fuentes do restaurante Meloxeira.

 

A presentación do Concello do Grove celebrarase na Cooks Academy o día 13 ás 18.00 horas. Pero a promoción realizada este ano a nivel internacional verase cumprimentada coa participación do Grove na Feira Gastronómica máis importante de Irlanda. Trátase do "Taste of Dublín", un evento que recolle o mellor da cociña irlandesa e internacional e no que se dan cita chefs de recoñecido prestixio ademais de presentarse como un laboratorio da nova gastronomía. O día 14 será Álvaro Fuentes quen participe nunha da sesións destinadas a promocionar a unha demostración de cociña na que se promocionará a Festa do Marisco.

Ambas actividades supoñen un verdadeiro pulo para a promoción internacional da Festa do Marisco, seguindo a liña marcada nos anos anteriores. Debe reiterase a importancia de destinos como Dublín cunha conexión directa con Galicia que permite que os visitantes daquela zona poidan desprazarse ao Grove en calquera época do ano, incluída a Festa do Marisco. O Concello xa está ultimando os detalles da presentación que constará con produto de local de primeira calidade e material promocional específico para a ocasión.

[Máis info sobre o Festival: https://dublin.tastefestivals.com/chefs-personalities/ ]

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+