Información
Portada

A mina de Touro e O Pino que " favorece o PPdeG e Goberno de Feijóo" ameaza o medio de vida de máis de 200 granxas de vacún cunha cabana gandeira de 5.000 reses

Información
16 Febrero 2018 4301 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

O proxecto de extracción de cobre que pretende levar a cabo Atalaya Mining nos concellos de Touro e O Pino supón unha grave ameaza medioambiental para a zona que, como xa temos analizado anteriormente, terá un forte impacto contaminante nos recursos hídricos de ambos concellos (ver bit.ly/MinaSanRafael)

 

Dende o Sindicato Labrego Galego queremos destacar, a maiores, os danos irreversibles que a actividade mineira podería provocar na principal actividade económica da zona, a agricultura e a gandería, xa que ambas actividades dependen completamente deses recursos hídricos ameazados, tanto para o regadío de fincas como para abeberar o gando.

A área afectada polo proxecto mineiro abrangue tres parroquias en O Pino ( Arca, Cebreiro e Cerceda) e oito en Touro (Bama, Enquerentes, Foxás, Fontes Rosas, Loxo, Prevediños, Touro e Vilar). Segundo os datos do Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), as tres parroquias de O Pino contan con 114 granxas, das cales 46 teñen gando bovino, con 914 reses. No caso de Touro, as súas nove parroquias afectadas polo proxecto teñen 229 granxas, 115 de bovino con 4.254. En total, estamos a falar dunha cabana gandeira que supera as 5.000 reses.

En canto aos postos de traballo afectados, O Pino ten 227 traballadores e traballadoras en sectores agrarios, o que supón o 13% da súa poboación activa; mentres que en Touro hai 324 que se dedican profesionalmente a actividades agrogandeiras ou, o que é o mesmo, o 21% da súa poboación activa. En base a estes datos, podemos facer unha estimación dos postos de traballo afectados pola mina se os cruzamos co número de explotacións agrarias. O resultado é que no concello de O Pino estarían ameazados 48 empregos directos, mentres que en Touro serían 112. É dicir, a mina de Touro e O Pino ameaza o posto de traballo dunhas 160 persoas, o cal se achega moito ás estimacións feitas por gandeiros da zona (ver bit.ly/EduardoQuintás).

Cómpre destacar o caso de parroquias de Touro como Bama, con 18 granxas e 1.882 reses ou Loxo, con 35 explotacións e 960 cabezas de gando. Estamos a falar dunha zona de alta capacidade gandeira e moi profesionalizada na que, ademais de contaminarlles a auga, a mina ameaza con usurparlles a base territorial da que depende a súa actividade económica e profesional.

Por todo o devandito, o Sindicato Labrego Galego manterase firme na súa oposición ao proxecto de extracción de cobre de Atalaya Mining en Touro e O Pino e seguirá a esixir que os danos causados pola actividade mineira neste entorno nas últimas décadas sexan reparados para que a gandería e a agricultura sigan a ser unha actividade profesional e económica permanente e sostible como sempre o foi. A maiores, o Sindicato Labrego Galego fai un chamamento á sociedade civil e, en particular, aos labregos e labregas, para que apoien a tractorada reivindicativa contra a mina convocada para o 25 de febreiro en Touro pola Plataforma Mina Touro O Pino Non.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

El Gobierno de España cedió las competencias de la Ley de publicidad Institucional a Galicia en el año 2009, cuyo gobierno del PPdeG se niega a decretar y legislar para que la asesora del PPdeG pueda despilfarrar y ultrajar los dineros públicos y europeos bajo lo que ellos mismos consideran IMPUNIDAD, violando la Ley de publicidad y de Transparencia.

.Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+