Información
Portada

AGDSP culpa ao PPdeG (Goberno de Feijóo) da saturación das urgencias nos hospitais galegos

Información
12 Enero 2017 4986 votos

Ante a saturación dos servizos de urxencias en gran parte dos hospitais públicos galegos como consecuencia da epidemia de gripe desde a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública queremos denunciar que:

 

1.- Acumular a pacientes nos corredores atenta contra a dignidade persoal das persoas doentes, ademais de agravar o sufrimento dos mesmos de xeito innecesario.

2.- Esta situación é a consecuencia dos recortes introducidos no SERGAS (coa escusa da crise) do 18,3% nos orzamentos, 447 camas, máis de 392 medicos/as en centros de saúde e 121 en hospitais e a paralización do Plan Mellora de AP que tenia previsto crear 66 novos centros de saúde e mellorar a súa capacidade resolutiva con novos recursos e equipamento

3.- A estes recortes habería que engadir a ausencia de Planificación: As epidemias de gripe son periódicas e estacionais e deberían obrigar aos servizos sanitarios a ter previstos recursos para facerlles fronte.

4.- É intolerable que os recortes dos servizos públicos para rescatar os bancos (en máis de 60.000 millóns de euros como denunciou o Tribunal de Contas) repercuta na saúde da cidadanía, especialmente dos enfermos crónicos e as persoas de maior idade (que curiosamente son bloque electoral do PP).

5.- Esiximos un Plan de Urxencia para abordar as deficiencias de recursos que inclúa a reposición de persoal, camas hospitalarias e centros de saúde, antes que a situación de deterioro sanitario sexa irreversible.

Non é a gripe, son  os recortes

Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+