Información
Portada

“Temos que agradecer ao Partido Popular a comparecencia de onte porque deixa en evidencia, dunha vez por todas, que o tema da Policía Local en Pontevedra é claramente un conflito partidista”

Información
02 Noviembre 2019 4652 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Vilaverde saía así ao paso da comparecencia realizada polo grupo municipal do PP na que deron conta da decisión do xulgado de arquivar o coñecido como “o caso dos semáforos”, derivado dunha denuncia interposta polo intendente da Policía Local contra dous axentes. A concelleira asegurou que o caso respondía a “un procedemento regrado que se levou a cabo na Policía Local ” e que desde o goberno municipal “nunca nos metemos, nin nos imos meter, nun procedemento interno, regrado, dun corpo profundamente xerarquizado e cunha xefatura de mandos que é a que determina cando se pon en coñecemento calquera cuestión no xulgado ou na fiscalía”.

 

Eva Vilaverde afirmou que é sorprendente “que un partido de orde como o PP estea utilizando e danando a imaxe da Policía Local de Pontevedra en beneficio puramente partidista”, e vinculou a comparecencia do PP á campaña electoral indicando que “se puxo en evidencia algo que nós tiñamos claro desde o principio, que é o interese que o Partido Popular ten en azuzar un conflito con carácter totalmente partidista en plena campaña e contra unha candidata”. 

A concelleira explicou, ademais que  o “modus operandi” que está a utilizar neste caso o PP é similar ao utilizado no conflito do Parque de Maquinara da Deputación de Pontevedra. “Eu esto xa o vivín na Deputación” asegurou Eva Vilaverde (en referencia ao seu cargo de deputada provincial no pasado mandato) “e é exactamente o mesmo”. Vilaverde indicou que este modus operandi comeza con representantes do PP realizando declaracións públicas para “empezar a mover algo”, e dar pé a que posteriormente apareza un grupo de traballadores amparados por un sindicato para continuar co conflito. Vilaverde ironizou coa “casualidade” de que sexan “os mesmos que estaban no Parque de Maquinara os que saian a seguirlle a dirección marcada polo PP”.

Sobre o auto do xulgado, a concelleira explicou que non pode facer valoracións porque “o Concello non está en posesión dese auto”, e engadiu que “o único que podemos valorar  é que estes protocolos se apliquen de igual maneira para todas as persoas, leven ou non uniforme, pero nós non entramos a dicirlle á Policía Local que é o que ten que trasladar ao xulgado ou como ten que levar a cabo os expedientes disciplinarios”.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+