Información
Portada

Os fondos europeos SMART colocan na boca de todos os alcaldes de Galicia sen inicitiva coloquial e co mesmo título " situará a xxxxx na vangarda da innovación municipal".

Información
27 Septiembre 2019 5369 votos
Inicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivadoInicio desactivado
 

Este venres reuniuse en Raxoi a Oficina Técnica do proxecto Smartiago, que avanzou nos trámites previos a iniciar as consultas de mercado que servirán para definir os pregos que posteriormente permitirán sacar a licitación proxectos innovadores en materia de xestión de residuos, mobilidade sostible ou iluminación intelixente. Este proxecto, co que o Concello captou 6.180.000 € (dos que un 80% serán aportados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional – FEDER), porá a Santiago na vangarda en materia de compra pública innovadora.

 

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, valorou a importancia do Smartiago para a cidade e a "oportunidade" que supón, ao coincidir a súa posta en marcha co remate das concesións dos servizos de recollida do lixo, transporte público e alumeado. Deste xeito, a preparación dos pregos destes servizos e as innovacións que se formulen dende o proxecto estarán "sincronizadas" para que estas queden incorporadas.

Lembrou que que dos máis de 6 millóns de investimento a xustificar antes do 2023, existe unha primeira fase, por importe de 2,1 millóns de euros, que terían que estar executadas antes de que remate o ano. Recoñeceu as "dificultades" para lograr este obxectivo, pero comprometeu os "esforzos necesarios" tanto a nivel de "reservas orzamentarias" como de "prioridade política".

O programa Smartiago, tal como explicou o xefe do Departamento Municipal de Informática, Jesús Rodríguez, o Smartiago ten tres liñas estratéxicas: a xestión sostible e intelixente dos residuos sólidos urbanos, a mobilidade intelixente e sustentable e o alumeado ornamental intelixente para a conservación do patrimonio. Segundo anunciou, iniciarase en breve a fase de consultas públicas ás empresas e á cidadanía para "a identificación de novas alternativas tecnolóxicas". Deste xeito, ao longo de 2020, avanzaríase na licitación da compra pública de innovación nos tres ámbitos estratéxicos. Cara finais de 2022 culminaríase a fase de desenvolvemento destas tecnoloxías innovadoras con mecanismos de compra pública innovadora.

Xesús Castro destacou que "o Concello de Santiago é pioneiro a nivel municipal en contratación pública con este modelo innovador". Así o referendou tamén Antonio López, conselleiro delegado de SILO (Science & Innovation Link Office) a empresa que, xunto con Red2Red, constitúe a UTE que levará a Oficina Técnica. "Santiago sitúase na vangarda da innovación municipal", dixo, sendo "un concello pioneiro na utilización da compra pública innovadora como factor de competitividade".

Segundo López, a cidade converterase nun "referente", pola dimensión do proxecto, por definir un novo modelo de servizos públicos baixo a óptica dunha cidade Patrimonio e polo nivel de captación de fondos europeos. O Smartiago, engadiu, converterá o Concello nun "polo de innovación", co que iso implicará na xeración de emprego, na redución de custos e na sustentabilidade como factor de competitividade.

Ordenanzas
Preguntado na rolda de prensa pola negociación cos diferentes grupos municipais para as ordenanzas fiscais, o alcalde reiterou o seu desexo de chegar a un "consenso fiscal", pero sempre baixo a premisa de que "os ingresos se manteñan e permitan atender as demandas da cidadanía e os retos da cidade". Indicou que o obxectivo do Goberno municipal é ter listas as ordenanzas para o 24 de outubro e non descartou incluso a data do 17 de outubro.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+