Información
Noticia destacada de Galicia

Esquerda Unida celebra a decisión do Parlamento Europeo de ilegalizar á Fundación Franco e segue moi pendente da denuncia á Fiscalía por presunto delito de odio

Información
Galicia 26 Octubre 2018 987 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

Dende Esquerda Unida celebramos a decisión do Parlamento Europeo, que vén de aprobar unha resolución sobre a violencia fascista en Europa, na que condena expresamente ao réxime franquista, e que suporía á ilegalización da Fundación Nacional Francisco Franco (FNFF) por exaltar á ditadura franquista e ao seu ditador, entre outras accións.

 

Doutra banda, dende Esquerda Unida seguimos moi pendentes da denuncia —presentada en outubro de 2017 na Fiscalía de Santiago de Compostela e remitida fai uns meses á Fiscalía de Madrid, ao considerar que era da súa competencia—, por presunto delito de odio á FNFF ao negar crimes de lesa humanidade. Dita denuncia foi ampliada no mes de maio con novas de prensa e publicacións en redes sociais onde se apreciaban claramente actos de exaltación do franquismo e accións que poden ser constitutivas de ilícito penal.

Con estas novas que chegan dende a Europa, agardamos que sexa máis sinxelo que se faga xustiza e se ilegalicen Fundacións que seguen a negar delitos de lesa humanidade ou a realizar accións de exaltación do franquismo, fomentando, elaborando e distribuíndo material da ditadura coa finalidade de facer apoloxía da mesma. Dende Esquerda Unida reiteramos que todas estas accións de exaltación do fascismo ou empeño en negar delitos de lesa humanidade non teñen cabida nun país democrático.

Que teñen preguiza. Nunca quixeron traballar:  Denuncia; Envíanos los datos a holgazan@acciónytransparenciapublica.com     mais sobre preguiza..+