El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+

Información
Noticia destacada de Galicia

O LIBRO “HABLO DE LA INSISTENCIA DE LOS OJOS” DE PEPA NIETO PRESENTOUSE ESTA TARDE NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID

Información
Galicia 22 Mayo 2018 2082 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

4. Más de medio centenar de personas acudieron a la presentación del libro de Pepa NietoA última publicación da poeta coruñesa, unha aposta de Ars Poética, é unha selección de poemas xa incluídos en libros anteriores, completada con cinco inéditos

 

Máis de medio centenar de persoas acudiron a Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia esta tarde a presentación de “Hablo de la insistencia de los ojos”, última publicación da poeta e artista coruñesa Pepa Nieto, editada por Ars Poética, e que inclúe unha selección de poemas recollidos en libros anteriores, xunto con cinco inéditos.

3. Pepa Nieto con su libroNo acto, cuxa presentación correu a cargo do coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, -quen o fixo en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega-, interviñeron o director de Ars Poética, Ilia Galán; o escritor e poeta Miguel Losada; e a propia autora, Pepa Nieto.

Jiménez lembrou que a autora é natural de Outes, provincia da Coruña, e que se trata de “unha artista que se expresa coas palabras, unha escultora de exquisita sensibilidade que o fai tamén cos volumes e as formas, como demostrou na exposición que ofreceu nesta Casa hai un tempo. É ademais un nome de referencia na vida cultural madrileña, á que vén achegando desde hai anos o faladoiro “Arco Poético”, polo que pasaron excelentes voces”.

Para o poeta, filósofo e director da editorial Ars Poética, Ilia Galán, a poesía de Pepa Nieto “desgarra o intelecto con metáforas tremendas e sutís imaxes que mostran xunto a un mundo de denuncia, o máis tenro, o desexo, a procura dun sentido no universo”. O libro que presentamos hoxe é “brillante, rotundo, e recolle algunhas xoias dunha traxectoria poética que insiste en cravarse, como unha frecha, no máis profundo do humano mundo”, dixo.

Para o escritor e poeta Miguel Losada, -responsable da Cátedra de Estudos Galegos do Ateneo de Madrid, onde dirixiu a súa Biblioteca, preside a sección de cinema e coordina ciclos culturais así como a aula de cinema da Asociación de Escritores e Artistas Españois-, “sempre podemos tirar ao Norte, alí onde se alberga o recordo do mundo primigenio, da terra natal da nosa autora”, e subliñou que a presenza do mar, é unha constante na obra de Pepa. “Sempre o mar, un mar no que ela se recoñece e ao que ansía volver, pois nel habitan todas as cidades”. Resaltou ademais que “non nos atopamos ante algo concreto. Non se mostra aquí un debuxo do mar, das paisaxes... É o mar esencial, o mar que penetra os corpos, na linguaxe azul dos que aman”.

Pola súa banda, Pepa Nieto explicou que a publicación deste itinerario poético, supuxo para ela unha gran sorpresa. A editorial Ars Poética pediulle un libro, e aínda que tiña un poemario especial que estaba practicamente rematando, optou por non entregalo, “por agora”, a ningunha editorial. Foi entón cando xurdiu a idea de “rescatar poemas” de cada un dos seus libros publicados con anterioridade e formar con eles esta antoloxía que completou con cinco creacións inéditas. É por iso que o seu proxecto máis inmediato e desexado é, precisamente, traducilo ao galego e realizar unha edición bilingue desta antoloxía. “É un dos meus proxectos máis desexados, e que máis me ilusiona. O que unha boa parte da miña obra sexa bilingüe, en galego”.

"Enviado por el corresponsal en Madrid, Dr. Miguel Gallardo, presenciado por Perla y Margot"

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+