Imprimir

Podemos reclama arranxar os parques infantís como o da praza Salvador de Madariaga

Información
Localidades de Galicia | 01 Julio 2022 | 473 Votos

 A concelleira Isabel Faraldo lamenta a existencia de recintos de primeira e de segunda na cidadeA concelleira Isabel Faraldo lamenta a existencia de recintos de primeira e de segunda na cidade
As instalacións para a infancia teñen elementos moi deteriorados e sufren vandalismo de xeito reiterado


Reclama un plan de mantemento e vixilancia constante de elementos destinados aos máis pequenos da casa
A Coruña. xx de xuño de 2022. O grupo municipal de Podemos denunciou o acusado deterioro do parque infantíl da praza Salvador de Madariaga, no barrio do Ventorrillo, onde os elementos destinados aos nenos e nenas da zona están moi deteriorados e vandalizados.
A concelleira Isabel Faraldo rexistrará unha moción para reclamar un plan de mantemento e vixilancia dos elementos destinados á infancia na Coruña lembrando que estes deben ter un grao de estado excepcional xa que son as persoas máis pequenas de cada casa as que empregan estas atraccións, evitando caídas, feridas ou golpes.
No caso do Ventorrillo as imaxes aportadas pola veciñanza amosan cordas moi gastadas, pintura en tobogáns que provoca suciedade e degradación dos propios aparellos, e cadeas para xogos que carecen da necesaria protección. Isto, para Faraldo, supón un estado de conservación inaceptable que semella xenerar recintos de primeira e de segunda clase no mesmo núcleo urbano.
Podemos reclamará no pleno unha verdadeira implicación do Goberno local no correcto mantemento dos parques infantís incidindo en que cada día estos espazos son empregados por centos de nenas e nenos que non merecen empregar artiluxios con este estado tan desfavorable.
A maiores Isabel Faraldo plantexa que o Concello desenrole campañas específicas sobre responsabilidade e convivencia cívica, pois parte do mal estado destes recintos corresponde á falta de civismo dunha minoría da poboación que emprega o seu tempo libre degradando elementos do mobiliario público e facendo que unha parte importante da veciñanza non poida disfrutar dos mesmos, a pesares de financialos cos seus impostos.

social youtube xornalgalicia   feed-image
Categoría: Localidades de Galicia
Visto: 473