Denuncian emanacións de metano e amoniaco dos vertedoiros das antigas minas de Touro

Información
Localidades de Galicia 21 Abril 2021 1760 votos - Registrate para votar

  • Ecoloxistas en Acción alerta da grave situación que están a sufrir a veciñanza das parroquias aledañas ao vertedoiro de lodos no que se converteron as canterias abandonadas de Touro.
  • A asociación veciñal de afectados ten denunciado ante o Concello de Touro a Xunta as continuas emanacións de metano e amoniaco procedentes das verteduras de lodos.

Ecoloxistas en Acción denuncia o desamparo que está sufrindo a veciñanza afectada polo vertedoiro por parte das institucións. A  pesar das mútiples denuncias interpostas pola asociación de afectados nin os departamentos da Xunta competentes nin o Concello de Touro mediaron para remediar esta  grave situación de contaminación atmosférica causada polas verteduras de lodos e outros produtos nas canteiras abandonadas.

A organización ecoloxistas insta á Consellería de Medio Ambiente a adoptar medidas para controlar e remediar a contaminación atmosférica que denuncia a veciñanza de Touro. Segundo denuncia a propia veciñanza os cheiros son tan fortes que producen mareos, falla respiratoria e incluso desfalecementos. A veciñanza afectada non pode facer vida normal, xa que teñen que refuxiarse nas súas casas cando se produce un episodio de emanacións e deixar abandonadas  as labores agrícolas.

Ecoloxistas en Acción lembra que o vapor de  amoníaco é altamente tóxico e nocivo para a saúde, sendo severamente irritante aos ollos e o tracto respiratorio e podendo causar queimaduras e ceguera temporal. Altas concentracións de NH3 poden causar falla respiratoria e a morte. Non menos grave é a intoxicación por metano, este gas asfixiante pode provocar a perda de consciencia e a morte por insuficiencia cardiovascular.

A organización ecoloxista tamén demanda a Augas de Galicia a que realice controis para coñecer o alcance da contaminación causada polas vertedura nos regatos da zona e no humidais aledaños ao vertedoiro. Ademais  reclaman a Dirección Xeral  de Enerxía e Minas a asegurarse da conveniencia dos residuos que están a verterse para restaurar o espazo da canteira.