Información
Localidades de Galicia

CCOO denuncia que a Consellería de Politica Social non lle está entregando as mascarillas suficientes ao persoal dos centros residenciais

Información
10 Julio 2020 1033 votos

CCOO denuncia, que os empregados públicos que prestan servizos nos centros residenciais da Conselleria de Política Social, non se lle están renovando as mascarillas tal como indica a normativa de prevención de riscos, e o resto do persoal dos Edificios Administrativos e demais centros dependentes da Xunta de Galicia, as están comprando “do seu propio peto” para o desempeño da súa actividade profesional.

Desde o 21 de maio levar mascarilla é unha obriga en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público, sempre que non sexa posible manter un distanciamento interpersoal. O uso de mascarillas nos lugares de traballo son un produto necesario e obrigatorio que debe proporcionar a empresa como medio de protección individual de cara a minimizar o risco de exposición ao Covid-19.

 

O obxectivo do seu emprego é intentar reducir o risco de transmisión do virus desde a boca ao nariz do usuario non enfermo e sempre como medida complementaria a outras como é a organización do traballo (fomento do teletraballo...) ou o uso de medios de protección colectiva (instalación de mamparas...) que priman sobre os propios medios de protección individual.

A Xunta de Galicia ten que facerse cargo dos Equipos de Protección dos seus empregados, e recordamos que a vida útil dunha mascarilla hixiénica é de 4 a 6 horas segundo as recomendacións sanitarias:

A Orde SND/399/2020, de 9 de maio, ou a Resolución do 25 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, son claras neste aspecto e aseguran que é a empresa a que debe protexer axeitadamente aos seus traballadores: sen prexuízo do cumprimento da normativa de PRL e da laboral, o titular da actividade económica deberá adoptar as medidas necesarias para cumprir as medidas de hixiene e/ou prevención para os traballadores. Neste senso, asegurarase que tódolos traballadores teñan permanentemente a súa disposición no lugar de traballo xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con actividade virucida autorizados e rexistrados polo Ministerio de Sanidade para limpeza de mans, ou cando isto non sexa posible auga e xabón. Así mesmo, cando non poda garantirse a distancia de seguridade interpersoal, asegurarase que os traballadores dispoñan de equipos de protección axeitados ao nivel de risco.

Desde CCOO esiximos a Xunta de Galicia que promova a seguridade e saúde dos seus traballadores no traballo sendo necesario:

  • O cumprimento da normativa e normas de recomendación co reparto masivo de medios de protección individual: entrega de mascarillas a todo o persoal que preste os seus servicios de forma presencial nos distintos centros da Xunta de Galicia.

  • A implementación de plans preventivos e protocolos de seguridade.

  • O Fomento do teletraballo e das medidas organizativas necesarias.

  • A Implementación de medios de protección colectiva.

El Presidente de Pladesemapesga solicita la adhesión de los ciudadanos que quieran compartir el escrito de denuncia contra la gestión de la pandemia del Coronavirus por la Xunta de Galicia.  ver más...+ Documentos descagables; 

Descargar este archivo (adhesionaladenuncia-coronavirus-gestionpublica-xunadegalicia.pdf)presentacion adhesiones denuncia-coronavirus.pdf  Descargar este archivo (denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf)denuncia-contra-Feijoo-TSXG.pdf  Descargar este archivo (escrito de adhesiones a la denuncia..pdf)escrito de adhesiones a la denuncia..pdf  Descargar este archivo (anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf) anexo-5-denuncia-feijoo-coronavirus-anexo5.pdf    DENUNCIA Nº 2 MASCARAS y 3 DONATIVOS Descargar este archivo (denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf)denuncia la Fiscalía Anticorrupción y el Crimen Organizado Gestores Coronavirus Xunta de Galicia.pdf -  último decreto judicial...+  Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+

COMUNICADO XORNAL GALICIA; Mar Sánchez Sierra esta utilizando el " modus operandi en Gestión Reputacional..+ " de la Operación Púnica a través  de contratos publicitarios del coronavirus usando intermediarios. ver comunicado completo..haciendo clic aquí.+