Información
Localidades de Galicia

A Audiencia condena a catro anos de cárcere un home que apuntou cunha pistola ao dono dun bar da Coruña

Información
17 Enero 2020 434 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a catro anos de cárcere un home que en abril de 2019 apuntou cunha pistola ao propietario dun bar da ronda de Outeiro, na Coruña, porque se negou a servirlle unha consumición. Os xuíces relatan que o imputado sacou a arma de entre as súas roupas e, apuntando cara á cabeza do dono do local, apertou o gatillo en diversas ocasións, mentres lle dicía: “Agora si que me vas a servir”. Varios clientes trataron de arrebatarlle a pistola, que finalmente caeu ao chan. Durante a pelexa, o condenado caeu enriba dun dos clientes e causoulle, entre outras lesións, unha fractura no nocello esquerdo. Finalmente, conseguiron expulsar do bar ao acusado, quen continuou golpeando a porta, á vez que lle dicía a un dos clientes: “Prepárate porque vou a por ti, son unha lenda nos Mallos”.

 

Os maxistrados condenaron ao sospeitoso como autor de dous delitos de ameazas, un grave e outro leve, un delito de lesións con deformidade por imprudencia grave e outro de tenza ilícita de armas. Ademais de catro anos de cárcere, impuxéronlle a prohibición de comunicarse e aproximarse ao dono do bar e ao seu traballo, é dicir, ao establecemento no que sucederon os feitos, durante dous anos. Tamén deberá indemnizar con 19.335 euros ao cliente que lesionou.

La Audiencia condena a cuatro años de cárcel a un hombre que encañonó al dueño de un bar de A Coruña

17/01/2020.- La sección primera de la Audiencia Provincial de A Coruña ha condenado a cuatro años de cárcel a un hombre que en abril de 2019 encañonó al propietario de un bar de la ronda de Outeiro, en A Coruña, porque se negó a servirle una consumición. Los jueces relatan que el imputado sacó una pistola de entre sus ropas y, apuntando hacia la cabeza del dueño del local, accionó el gatillo en diversas ocasiones, mientras le decía: “Ahora sí que me vas a servir”. Varios clientes trataron de arrebatarle el arma, que finalmente cayó al suelo. Durante el forcejeo, el condenado cayó encima de uno de los clientes y le causó, entre otras lesiones, una fractura en el tobillo izquierdo. Finalmente, consiguieron expulsar del bar al acusado, quien continuó golpeando la puerta, al tiempo que le decía a uno de los clientes: “Prepárate porque voy a por ti, soy una leyenda en Os Mallos”.

 

Los magistrados condenaron al sospechoso como autor de dos delitos de amenazas, uno grave y otro leve, un delito de lesiones con deformidad por imprudencia grave y otro de tenencia ilícita de armas. Además de cuatro años de cárcel, le impusieron la prohibición de comunicarse y aproximarse al dueño del bar y a su trabajo, es decir, al establecimiento en el que sucedieron los hechos, durante dos años. También deberá indemnizar con 19.335 euros al cliente que lesionó.