Información
Localidades de Galicia

A Audiencia condena a seis anos de cárcere un acusado de traficar con droga na Coruña

Información
07 Enero 2020 583 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A Sección Segunda da Audiencia Provincial da Coruña condenou a seis anos e un mes de cárcere e ao pagamento dunha multa de 843.118 euros un acusado de traficar con substancias estupefacientes. O tribunal considerou ao sospeitoso autor de dous delitos de tráfico de droga, na súa modalidade de notoria importancia. O valor da cocaína e o haxix intervidos pola Garda Civil durante a operación foi de 422.559 euros, segundo consta na sentenza.

 

 

O tribunal considera acreditado que o acusado, que foi detido nun garaxe da Coruña, adquirira as substancias comisadas a algún provedor coa finalidade de vendelas a terceiras persoas. Os maxistrados indican na resolución que o imputado, cando cometeu os feitos, consumía drogas, pero consideran que non tiña alteradas as súas facultades de comprensión ou volitivas.