Familias piden a Feijóo que explique que pensa facer diante das deficiencias e neglixencias no centro de maiores de Celanova en Ourense

Información
01 Enero 2021 2451 votos - Registrate para votar

Leopoldo Rodríguez na homenaxe cívica ás vítimas en Celanova o 11 de agosto de 2020”O alcalde de Celanova, que tardou menos de quince días en firmar como presidente da Fundación Curros Enríquez, leva ano e medio fuxindo da súa responsabilidade coas usuarias, as traballadoras e as familias da Residencia ao negarse a asumir o papel de membro nato do Padroado que lle corresponde á Alcaldía”, manifesta Leopoldo Rodríguez, concelleiro do BNG en Celanova.

 

Dezaoito meses despois de coller o bastón de mando municipal e dez meses xa desde que a covid atacase a Residencia de Celanova, o alcalde aínda non concretou a súa incorporación ao Padroado da fundación que rexe o centro de maiores, do que a Alcaldía é membro nato desde hai máis dun século e polo que os sucesivos alcaldes cumpriron coa obriga de representar á institución.

O alcalde aínda non explicou publicamente as razóns da súa retiencia, que non se xustifica “en ningún caso, pero aínda menos nunha situación sanitaria como a actual na que os maiores son o albo do virus”, incide Leopoldo Rodríguez.Mentres morren ancianos nas residencias sen control María del Mar fai  publicidade de Fake News sobre os mundos de YUPI referendose a terceira  idade en Galicia e a Fiscalía sen actuar. -

As nacionalistas reclaman que “o alcalde formalice inmediatamente” a súa participación no Padroado e impulse “de maneira definitiva” o acordo plenario de setembro, asumido polos actuais xestores da Residencia, para que a representación municipal se amplíe no órgano reitor do centro (e se dea entrada nese mesmo órgano ás familias) e que a corporación municipal tramite a concesión da axuda que solicitaron estes xestores (de 72.000 €). Neste sentido, o BNG volverá poñer sobre a mesa a moción que retirou antes do pleno de novembro despois de que tanto o goberno como o PP se desdixesen do seu compromiso de setembro.

O BNG considera que “estes pasos son urxentes, como puxeron de novo de manifesto as denuncias sobre deficiencias e neglixencias denunciadas esta mesma semana polas familias”, sinala o concelleiro nacionalista; denuncias sobre as que o BNG chama a atención da Xunta de Galiza e pídelle “explicacións sobre o que pensa facer” ao respecto. As familias, a través do colectivo REDE, alertaron entre outras cuestións de pacientes con contusións que non se xustificaron, mal atendidos, fallos graves nas instalacións eléctricas ou material que se está a re-utilizar contravindo os protocolos.Xornal de Galicia para el Mundo - Jueces que desprecian a las víctimas.

Non é admisíbel que escoitando estas cousas, o alcalde siga mirando para outro lado, negándose a cumprir unha obriga institucional e negándose a prestar a axuda que agora máis que nunca precisan as usuarias, as traballadoras e as familias”, di Leopoldo Rodríguez. Sen recursos e sen xestión, “os maiores non estarán atendidos como se debe” e iso agora “é responsabilidade de todos, empezando polo Concello e co alcalde á cabeza”. O portavoz nacionalista pregúntase quen vai asumir a responsabilidade que non quere asumir o alcalde se se atreve a rachar cun deber da institución que ningún dos seus antecesores eludiu?

O BNG advirte que a situación da Residencia en canto a recursos de persoal e material nunca deixou de ser precaria, como tamén sinalaron as familias, e móstrase disposto a seguir botando unha man. “Sempre nós atoparán aí como estivemos facendo con tanto esforzo como o que máis durante todos estes meses”, conclúe o concelleiro nacionalista.

Publicidad Institucional  #FakeNews #Furtivos #Incendios #Cámaras #Turismo  #Xacobeo #SomosMoideMonte   #Lacachitos #Patagonia  #Asturias #Medios Impresos

#Jalisia ;  #riasaltas #costadamorte #islascies #ascatedrais #ribeirasacra #vigo #lavozdegalicia #mermeleros #ciudadanos #galiciafeijoo #cloacasperiodismo #turismogalicia #Turgalicia

La contratación pública  "vulnerada diarimante a través de intermediarios o Agencias de Comunciación para adjudicar contratos menores directamente a dedo, sin dar la cara la Secretaría de Medios que dirige la asesora del PPdeG Mar Sánchez Sierra".

Ir a la sección de Publicidad Institucional de la Xunta de Galicia..+

PRESENTADA DENUNCIA ANTE LA FISCALÍA EUROPEA Y ANTICORRUPCIÓN Y CRIMINALIDAD ORGANIZADA CONTRA FEIJÓO, MAR SÁNCHEZ SIERRA, RAFAEL ÁLVARO MILLAN CALENTI Y OTROS POR EL USO ILEGAL DE LAS LINEAS DE COSTE Y MASCARILLAS FALSIFICADAS CON FECHA 3 DE FEBRERO DE 2021, SEGUIREMOS INFORMANDO    Funcionario Público Millán Calenti "ofendidito "..+