Ante o total abandono na publicidade da Secretaría de Medios nas campañas da Limia en Ourense Baltar fará fronte dende a deputación

Información
Ourense | 23 Mayo 2020 | 3186 votos Regístrese para votar | Correo electrónico | Imprimir
social youtube xornalgalicia   feed-image

  • Manuel Baltar asina un convenio con Delfín Caseiro, presidente da Asociación do Museo Etnolóxico da Limia, e con Manuel Seoane, presidente do Centro de Cultura Popular do Limia, para garantir a publicación da revista Lethes e a dixitalización da biblioteca da Limia.

A PUBLICIDADE DAS CAMPAÑAS DA XUNTA XESTIONADAS POR MAR SÁNCHEZ SIERRA NON NOMEAN NEN UNHA SOA VEZ A OURENSE E MOITO MENOS A LIMIA, FACENDO UN DESPREZO TOTAL POR OURENSE

 

Ourense, 18 de maio de 2020.- A Deputación de Ourense vén de dar un paso importante para potenciar a investigación e a difusión da historia e da cultura da Limia, co acordo asinado hoxe polo presidente provincial, Manuel Baltar, con Delfín Caseiro, presidente da Asociación do Museo Etnolóxico da Limia, e con Manuel Seoane, presidente do Centro de Cultura Popular do Limia, para a publicación da revista Lethes. Cadernos culturais do Limia, durante os vindeiros catro anos, e a dixitalización biográfica da biblioteca da Limia do Museo da Limia.

Segundo o convenio, a institución provincial asume a impresión de 300 exemplares da publicación anual Lethes. Cadernos culturais do Limia e doutros 300 exemplares dunha publicación anual monográfica relacionada coa Limia, así como o deseño e programación dun catálogo dixital sobre os autores da comarca da Limia, integrada na web do Museo da Limia. O Centro de Cultura Popular do Limia e o Padroado do Museo da Limia asumen os traballos de edición da publicación da revista e do monográfico, e farán constar a colaboración da Deputación na portada da publicación antedita, así como nas páxinas webs e redes sociais nas que se difunda a publicación Lethes e a obra dos autores na biblioteca da Limia.