Información
Lugo

Zoelas trae os seus sons corais ao Pazo de San Marcos para homenaxear a Rosalía

Información
23 Febrero 2020 1451 votos
1 1 1 1 1 1 1 1 1 1

A banda con orixes na comarca da Ulloa e que recolle o seu nome dunha tribo prerromana mostrará os seus sons con raíces na música tradicional galega mesturada con melodías doutros estilos como a bossa nova, o jazz, o blues ou o reggae.

As voces de Beatriz GarcíaPilar NaveiraMaría Bouzas, Érica García e Patricia Coucheiro están acompañadas de instrumentos como a requinta, a guitarra, a zanfona, o acordeón e a percusión, creando un espectáculo que mestura cancións orixinais con coplas recollidas.

 

Evelaités, publicado en 2018, é o primeiro álbum gravado polo grupo que inclúe no seu repertorio pezas como “Ruleando” ou “Rosalía en blues”, con letras de poemas de Rosalía de Castro.

Mes de Rosalía

Este concerto enmárcase dentro do Mes de Rosalía, unha programación cultural coa que a área de Cultura  busca poñer o foco no aniversario da escritora, e traballar pola oficialidade da data.

O sábado 22 terá lugar unha lectura pública da obra de Rosalía organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega no parque Rosalía de Castro en Lugo. A música de Germán Díaz acompañará o acto en que o escritor Daniel Asorei lerá un manifesto centrado no fénomeno da emigración e do que significou para Galiza.